InicioSANTIAGOO Ateneo de Santiago abordará o potencial das vacinas fronte a enfermidades...

O Ateneo de Santiago abordará o potencial das vacinas fronte a enfermidades non infecciosas nunha nova sesión dos Luns do Ateneo

O pediatra e investigador Federico Martinón analizará en Compostela os avances científicos que exploran o uso das vacinas contra o cancro, a demencia ou as doenzas cardiovasculares

Publicado o

Xornal de Compostela

O Ateneo de Santiago celebrará o vindeiro luns 6 de abril, ás 19:30, unha nova sesión do seu ciclo ‘Luns do Ateneo’, cunha conferencia centrada nas posibilidades das vacinas máis alá da prevención de enfermidades infecciosas. A actividade terá lugar na sede de Afundación, situada na rúa do Vilar, 19.

A charla, titulada ‘Estás vacinado fronte ao cancro, a demencia ou o infarto de miocardio?’, será impartida por Federico Martinón, xefe de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago e membro do comité asesor de vacinas da Organización Mundial da Saúde. Durante a súa intervención, abordará o papel da inmunización en relación con patoloxías como o cancro, as enfermidades neurodexenerativas ou as cardiovasculares.

Segundo a información facilitada pola organización, a sesión pretende abrir un espazo de reflexión sobre as novas aplicacións das vacinas, analizando os avances científicos e as liñas de investigación que buscan ampliar o seu uso no ámbito da saúde pública. Neste sentido, exporanse os posibles impactos destas innovacións no tratamento e prevención de enfermidades de alta prevalencia.

Federico Martinón Torres, nado en Ourense en 1971, é doutor en Pediatría e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolve a súa actividade investigadora como coordinador da Unidade de Investigación en Vacinas e do grupo GENVIP no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, e conta cunha ampla produción científica con máis de 400 publicacións e máis de 200 proxectos dirixidos.

Ademais, participa como membro do comité técnico asesor para Europa da OMS e dirixe o Centro Colaborador da Organización Mundial da Saúde en Seguridade Vacinal, con sede na capital galega.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here