InicioSANTIAGOAMESO BNG leva ao Congreso a mellora dos accesos ao Novo Milladoiro...

O BNG leva ao Congreso a mellora dos accesos ao Novo Milladoiro e reclama prazos ao Goberno

A formación nacionalista tamén cuestiona no pleno de Ames a situación das infraestruturas nun dos principais puntos de tráfico da contorna compostelá

Publicado o

Xornal de Compostela

O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Néstor Rego, rexistrou no Congreso dos Deputados unha serie de preguntas dirixidas ao Goberno central co obxectivo de obter información sobre o estado actual e a planificación do proxecto de mellora dos accesos ao polígono do Novo Milladoiro, no concello de Ames.

A iniciativa institucional complétase coa intervención realizada no ámbito local pola concelleira nacionalista Natividad González, quen no pleno municipal celebrado no mes de marzo trasladou ao executivo socialista a preocupación existente arredor das condicións das infraestruturas e da mobilidade nesta zona, caracterizada por unha elevada intensidade de tráfico.

O proxecto, que conta xa cunha aprobación provisional por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, prevé actuar na intersección da estrada N-550 no punto quilométrico 67,150 coa SC-20 no quilómetro 10,350. Trátase dun dos accesos principais ao Milladoiro desde Santiago de Compostela, identificado como un dos enclaves con maior densidade de circulación da área.

Entre as actuacións recollidas inclúese a creación dunha variante de acceso que permitirá conectar directamente a saída da AG-56 coa avenida do Muíño Vello. Esta solución busca evitar o paso pola actual rotonda de entrada e contribuír así a reducir a carga de tráfico, ao tempo que facilita a conexión coa zona norte do Milladoiro e co parque empresarial do Novo Milladoiro.

No marco desta iniciativa, Néstor Rego solicitou ao Executivo central que detalle o calendario previsto para a aprobación definitiva do proxecto, así como os prazos de licitación e execución das obras. Ademais, interesouse pola existencia de dotación orzamentaria suficiente que permita cumprir cos tempos establecidos.

Pola súa banda, a voceira do BNG en Ames, Escarlata Pampín, subliñou a importancia desta actuación, sinalando que “esta actuación debe executarse coa maior brevidade posible, dada a súa relevancia para mellorar a mobilidade e dar resposta ao importante crecemento poboacional e empresarial do Novo Milladoiro”. Neste sentido, a formación reclama ao Goberno que recoñeza o carácter prioritario da intervención para garantir unha circulación máis fluída nunha área en expansión da contorna compostelá.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Mehdi Elnabaoui e Sandra Mosquera gañan a XXV Carreira Pedestre de Ames entre máis de 1.200 inscritos

A XXV Carreira Pedestre Popular Concello de Ames celebrouse este domingo, 18 de outubro,...

A muller que apuñalou a un home en Ames en febreiro acepta tratar o seu consumo de drogas a cambio de non ir a...

A muller acusada de tentativa de homicidio por apuñalar un home en Bertamiráns, en...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here