InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames licita a construción dunha nova ponte sobre o...

O Concello de Ames licita a construción dunha nova ponte sobre o río Anduriña en Piñeiro

O proxecto, cun orzamento superior aos 60.000 euros, busca mellorar a seguridade viaria e evitar asolagamentos nun camiño municipal

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames vén de aprobar en Xunta de Goberno Local o expediente de licitación das obras para construír unha nova ponte sobre o río Anduriña, afluente do Tambre, ao seu paso pola parroquia de Piñeiro. A actuación conta cun orzamento base de 60.380,31 euros (IVE incluído) e financiarase con cargo á primeira fase do POS +Adicional 2/2025.

Esta intervención enmárcase dentro do plan municipal de mellora de vías e infraestruturas, co que o goberno local busca actuar tanto nos núcleos urbanos como nas parroquias. A obra desenvolverase nun viario municipal duns tres metros de ancho, onde actualmente existe unha estrutura de drenaxe de formigón que presenta limitacións.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, sinalou que a infraestrutura actual presenta unha capacidade hidráulica insuficiente, o que, unido a episodios meteorolóxicos recentes, provocou asolagamentos do camiño e o colapso parcial da ponte existente. Neste contexto, explicou que resulta necesario substituír a estrutura por unha nova que dea resposta ás condicións actuais.

O proxecto contempla a construción dun pórtico de formigón armado cunha sección total de 8,00 por 2,10 metros, deseñado para garantir a evacuación do caudal correspondente a episodios extremos cun período de retorno de 500 anos, en cumprimento do Plan Hidrolóxico Galicia-Costa. A nova ponte terá un ancho de taboleiro de seis metros e permitirá unha maior capacidade de desaugadoiro.

As obras incluirán a demolición da estrutura actual, o movemento de terras para a cimentación e a execución das zapatas, muros e lousa superior en formigón armado. Ademais, prevese a colocación de muros de acompañamento en pedra de granito e o posterior acondicionamento do firme do camiño, con capas de zahorra e tratamentos asfálticos.

A actuación completarase coa instalación dun pretil metálico con barreira de seguridade e coa rexeneración paisaxística da contorna afectada polos traballos. O obxectivo final é mellorar a seguridade tanto do tráfico rodado como peonil, ao tempo que se minimizan os riscos de inundación na zona.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Mehdi Elnabaoui e Sandra Mosquera gañan a XXV Carreira Pedestre de Ames entre máis de 1.200 inscritos

A XXV Carreira Pedestre Popular Concello de Ames celebrouse este domingo, 18 de outubro,...

A muller que apuñalou a un home en Ames en febreiro acepta tratar o seu consumo de drogas a cambio de non ir a...

A muller acusada de tentativa de homicidio por apuñalar un home en Bertamiráns, en...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here