InicioSANTIAGOAMESO BNG de Ames impulsa medidas para mellorar o transporte e rexeita...

O BNG de Ames impulsa medidas para mellorar o transporte e rexeita a modificación da lei de patrimonio galego

A moción nacionalista aprobada no pleno reclama máis frecuencias, recuperación do Noitebús e cuestiona a transferencia de competencias culturais aos concellos

Publicado o

Xornal de Compostela

O grupo municipal do BNG de Ames logrou no pleno ordinario de marzo a aprobación dunha moción que reclama unha reformulación da oferta de transporte público no municipio, ao tempo que promoveu o rexeitamento á modificación da lei de patrimonio cultural de Galicia, coa que discrepa pola súa repercusión nos concellos.

No ámbito da mobilidade, a iniciativa nacionalista foi aprobada por unanimidade e insta á Xunta a realizar unha avaliación detallada do estado do transporte público en Ames e na súa contorna metropolitana. O obxectivo, segundo sinalan, é avanzar cara a unha planificación global que permita cubrir as necesidades reais da veciñanza.

Desde o BNG consideran que “é fundamental que os horarios sobre os que se planifica o transporte público permitan cubrir as principais horas de acceso a centros de traballo, centros educativos e centros sanitarios”. Neste sentido, reclaman incrementar as frecuencias nas liñas existentes, especialmente na conexión entre Bertamiráns e O Milladoiro, así como habilitar unha nova parada no polígono industrial.

A formación tamén demanda melloras no transporte nas parroquias rurais, tanto ampliando frecuencias como estendendo o servizo a zonas que actualmente carecen del. Ademais, entre as propostas figura a recuperación do servizo de Noitebús e a ampliación da súa cobertura ao conxunto do territorio municipal.

Por outra banda, no mesmo pleno o BNG conseguiu sacar adiante, co apoio do PSOE e Espazo Común, o rexeitamento do Concello de Ames á modificación da Lei 5/2016 de patrimonio cultural de Galicia, introducida a través da lei de acompañamento dos orzamentos de 2026.

Segundo explican os nacionalistas, esta reforma supón que sexan os concellos os encargados de determinar, no proceso de concesión de licenzas urbanísticas, se as intervencións previstas cumpren cos criterios de protección do patrimonio. O BNG critica esta transferencia de competencias ao considerar que moitos municipios non dispoñen de recursos nin persoal cualificado suficiente para asumir esta responsabilidade.

Neste sentido, lembran que o Consello da Cultura Galega advertiu nun informe que “a actual translación de competencias se realiza sen avaliar previa e suficientemente a preparación dos equipos técnicos municipais para afrontar o manexo dos criterios de valoración do patrimonio”.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Mehdi Elnabaoui e Sandra Mosquera gañan a XXV Carreira Pedestre de Ames entre máis de 1.200 inscritos

A XXV Carreira Pedestre Popular Concello de Ames celebrouse este domingo, 18 de outubro,...

A muller que apuñalou a un home en Ames en febreiro acepta tratar o seu consumo de drogas a cambio de non ir a...

A muller acusada de tentativa de homicidio por apuñalar un home en Bertamiráns, en...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here