InicioMOV. SOCIAISA ANPA do CEIP Apóstolo Santiago anuncia contactos coas non adscritas para...

A ANPA do CEIP Apóstolo Santiago anuncia contactos coas non adscritas para desbloquear o cambio de nome do centro

A comunidade educativa defende a lexitimidade do proceso participativo que propón a denominación 'CEIP da Almáciga' tras o rexeitamento no pleno municipal de febreiro

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do CEIP Apóstolo Santiago, en Santiago de Compostela, reafirmou a súa intención de continuar co proceso para modificar a denominación do centro a ‘CEIP da Almáciga’ e anunciou o inicio dunha rolda de contactos cos concelleiros non adscritos para tratar de desbloquear a situación actual.

A decisión foi ratificada o pasado 18 de marzo nunha asemblea da comunidade educativa, celebrada tras o pleno municipal no que a proposta non saíu adiante. Segundo trasladou a asociación, neste encontro analizáronse os acontecementos recentes e concluíuse que o resultado da votación, lonxe de frear a iniciativa, “reforza a súa unidade e determinación” para lograr que se respecte a vontade expresada polo centro.

A ANPA sostén que a proposta de cambio de nome responde a un proceso “extenso e rigoroso” desenvolvido ao longo de dous cursos escolares, iniciado en 2019 por unha anterior directiva. Segundo explican, esta iniciativa contou coa implicación da comunidade educativa e do barrio, culminando coa aprobación por unanimidade no Consello Escolar, órgano máximo de representación dos centros públicos.

Neste contexto, a asociación defende “a lexitimidade dun proceso democrático transparente e participativo” e avanzou que solicitará unha primeira reunión co grupo dos concelleiros non adscritos para “coñecer as súas motivacións” e trasladarlles a “posición unánime” da comunidade educativa.

Cómpre lembrar que o pleno municipal de Santiago celebrado o pasado 26 de febreiro rexeitou informar favorablemente o cambio de denominación do centro. A proposta contou co apoio de BNG, Compostela Aberta e PSdeG, pero non prosperou debido aos votos en contra do PP e á abstención dos edís non adscritos, antigos membros do grupo socialista.

ÚLTIMAS

Santiago gardará un minuto de silencio no Obradoiro polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

O Concello de Santiago de Compostela convocou para este mércores, 28 de outubro, ás...

As vítimas de Angrois vinculan o sinistro de Toledo coa falta dunha investigación independente do accidente de 2013

O portavoz da Plataforma Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, considera que a falta dunha...

O Concello destinará 1,2 millóns de euros á rehabilitación do Palacete do Espiño para usos públicos

O Concello de Santiago de Compostela investirá preto de 1,2 millóns de euros na...

Santiago acollerá por primeira vez a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas o 22 de novembro

Santiago de Compostela incorporarase este ano á Carreira das Cidades contra o Cancro de...

A CIG concéntrase en Santiago contra o “acoso laboral” en Monbus e reclama a readmisión de seis traballadores

A Confederación Intersindical Galega (CIG) mobilizouse este martes, 27 de outubro, diante da estación...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Centos de persoas protestan en Santiago contra a participación de médicos israelís nun congreso internacional

Máis de 200 persoas concentráronse este xoves en Santiago de Compostela para rexeitar a...