InicioSANTIAGOAMESSumar Galicia celebrará en Ames a súa Conferencia Política Nacional para definir...

Sumar Galicia celebrará en Ames a súa Conferencia Política Nacional para definir a estratexia municipal e xeral

A cita terá lugar o 23 de maio no Milladoiro e incluirá debates sobre política xeral e municipalismo de cara aos próximos procesos electorais

Publicado o

Xornal de Compostela

O Movemento Sumar Galicia prevé celebrar o vindeiro sábado 23 de maio a súa Conferencia Política Nacional na Casa da Cultura do Milladoiro, no Concello de Ames, baixo o lema ‘Galicia fai fronte: dereitos e futuro’. A xornada reunirá á militancia e aos órganos da organización co obxectivo de definir as liñas estratéxicas de cara ás próximas citas electorais.

O secretario xeral da formación, Paulo Carlos López, sinalou que este encontro constitúe “un momento fundamental para ordenar o debate político, escoitar á militancia, abrir espazos de participación e decidir a estratexia para as próximas eleccións municipais”. Neste proceso previo, as asembleas comarcais e os órganos sectoriais elaborarán propostas que se incorporarán a dous documentos: un de carácter xeral, titulado ‘Horizonte de Cambio’, e outro centrado no ámbito municipal.

A apertura do evento contará coa intervención da presidenta do Movemento Sumar Galicia e portavoz no Congreso, Verónica Barbeiro, xunto co propio secretario xeral. López subliñou que a organización busca consolidarse como un actor político “referente”, aínda que con “axenda, tempos e forzas propias”, de cara tanto ás eleccións municipais como ás xerais.

A programación inclúe un debate político xeral ás 15:30, seguido dunha mesa municipalista a partir das 17:30, centrada na estratexia de Sumar Galicia para as eleccións locais de 2027. Este espazo contará coa participación de distintas candidaturas municipalistas e terá como finalidade establecer vías de colaboración e coordinación política.

Segundo explicou López, esta mesa pretende “abrir vías de entendemento e favorecer dinámicas de cooperación política no ámbito local”, apostando pola creación de candidaturas amplas en cidades onde non existen, como A Coruña ou Vigo, ou pola colaboración con espazos xa consolidados, como en Ferrol ou Compostela.

O encontro en Ames busca así avanzar na definición dunha folla de ruta que, segundo a organización, permita “consolidar gobernos progresistas a través dunha axenda transformadora ou xerar cambios de goberno alá onde goberne o Partido Popular”.

ÚLTIMAS

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

O arcebispo de Santiago chama a recoñecer a dignidade de toda persoa na Ofrenda ao Apóstolo

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, fixo un chamamento este 25 de xullo...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...