InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO PP de Santiago denuncia unha "proliferación de vertedoiros" incontrolados na cidade

O PP de Santiago denuncia unha “proliferación de vertedoiros” incontrolados na cidade

Adrián Vila urxe a limpar os cascallos en Laraño e flexibilizar o depósito de residuos no punto limpo do Tambre

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, denunciou este venres unha “preocupante proliferación de vertedoiros” de residuos en diversos puntos do municipio durante os últimos anos. Nunha nota de prensa, o edil cualificou a situación como unha mostra de “pasotismo” por parte do goberno de coalición do BNG e Compostela Aberta, aos que acusou de exercer un “falso medioambientalismo” que esquecen ao chegar ao poder.

Vila puxo como exemplo un vertedoiro incontrolado na parroquia de Laraño, situado nunha pista abandonada onde se acumula un “gran volume de cascallos de obra” e outros refugallos. Segundo o concelleiro, non é difícil atopar puntos similares noutras zonas, incluído o propio Ensanche, onde criticou a acumulación de lixo arredor dos colectores por unha suposta falta de información e preocupación por parte do Executivo local.

Para os populares, parte do problema reside nas limitacións do punto limpo do polígono do Tambre. Vila explicou que as actuais restricións de volume impiden que particulares que realizan pequenas obras domésticas poidan entregar todo o cascallo de xeito gratuíto. Esta situación obriga a contratar empresas privadas con custo económico, o que, segundo o edil, empuxa a moitas persoas a recorrer a vertedoiros ilegais para desfacerse dos materiais.

Ante este escenario, o Grupo Popular solicitou ao goberno municipal que realice un diagnóstico urxente destes puntos negros e proceda á retirada inmediata dos residuos. Así mesmo, instan a instalar sinalización de advertencia sobre as posibles sancións e a estudar unha flexibilización nos límites de depósito do punto limpo do Tambre para facilitar a xestión correcta dos cascallos por parte da cidadanía.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...