InicioSANTIAGOAMESA Garda Civil detén a dúas persoas por un presunto intento de...

A Garda Civil detén a dúas persoas por un presunto intento de homicidio tras un apuñalamento no parque Pazo da Peregrina de Bertamiráns

Os feitos ocorreron o 19 de febreiro á noite e a vítima foi trasladada ao CHUS tras recibir varias puñaladas no tórax

Publicado o

Xornal de Compostela

A Garda Civil detivo a un home e a unha muller como presuntos autores dun delito de homicidio en grao de tentativa relacionado cun apuñalamento ocorrido en Bertamiráns, no concello de Ames. A investigación foi desenvolvida polo Equipo Territorial de Policía Xudicial (ETPJ) da Garda Civil de Santiago de Compostela.

Segundo informou o instituto armado, os feitos producíronse o 19 de febreiro arredor das 20:30 no parque Pazo da Peregrina. A investigación iniciouse tras a agresión sufrida por un home, que resultou ferido por arma branca durante unha pelexa.

De acordo coas pescudas realizadas polos axentes, o incidente comezou cunha discusión entre a detida e outro home. Nun determinado momento, a muller chamou a un terceiro implicado, tras o que ambos os dous homes iniciaron unha pelexa na que se empregaron coitelos. Posteriormente sumáronse á agresión a propia detida, o seu fillo e outra persoa máis.

Durante a confrontación, a muller exhibiu un coitelo de cociña e cravoullo á vítima en varias ocasións no tórax, segundo a información facilitada pola Garda Civil. Tras a agresión, os catro implicados abandonaron o lugar, mentres o ferido quedou tendido no chan sangrando abundantemente.

Pouco despois chegaron ao parque unha patrulla da Policía Local de Ames e outra da Garda Civil, alertadas polos veciños. Os axentes realizaron unha primeira intervención para taponar as feridas ata a chegada dos servizos sanitarios, que trasladaron o ferido ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

A investigación permitiu identificar os presuntos agresores, que segundo a Garda Civil son persoas coñecidas polas forzas de seguridade por distintos ilícitos. Como resultado do operativo, foi detida a muller e o seu fillo, mentres se puxo en marcha un dispositivo para localizar os outros dous implicados.

Os detidos foron postos a disposición do Tribunal de Instancia Sección Civil e Instrución Praza nº 2 de Santiago de Compostela, que decretou o seu ingreso en prisión provisional. Pola súa banda, os outros dous implicados presentáronse posteriormente ante o mesmo xulgado, que acordou a súa liberdade con cargos.

ÚLTIMAS

Crujeiras admite que “non hai solución” para recuperar este ano os contratos Ramón e Cajal perdidos pola USC

A Universidade de Santiago de Compostela non contará este ano con contratos do programa...

Miles de docentes mobilízanse en Santiago na sexta folga do curso para reclamar melloras no ensino público

Miles de docentes e estudantes percorreron este martes o centro de Santiago de Compostela...

Raquel Sendón, nova decana da Facultade de Farmacia da USC

A catedrática de Nutrición e Bromatoloxía Raquel Sendón García foi elixida nova decana da...

O PP propón que Santiago aspire ao selo de ‘Cidade Amiga da Infancia’ de UNICEF

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero, instou ao goberno municipal de...

O BNG de Ames reclama destinar terreos municipais de Bertamiráns á construción de vivenda pública

O Bloque Nacionalista Galego de Ames defenderá no pleno ordinario de abril unha iniciativa...

O IES do Milladoiro conmemora o Día Internacional do Pobo Xitano cunha xornada educativa e cultural

O alumnado do IES do Milladoiro, no concello de Ames, celebrou na mañá do...

Morre unha muller de 96 anos ao caer a un pozo en Ames

Unha muller de 96 anos faleceu en Ames ao caer a un pozo na...