InicioPOLÍTICAMaría Rozas participa en Cabo Verde no encontro internacional de mulleres electas...

María Rozas participa en Cabo Verde no encontro internacional de mulleres electas que aposta por reforzar a igualdade na gobernanza local

O foro ‘As Elixidas’ reuniu máis de 130 representantes municipais de África e Galicia e concluíu coa adopción da Declaración da Praia

Publicado o

Xornal de Compostela

A tenenta de alcaldesa de Santiago de Compostela, María Rozas, participou en Cabo Verde no II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, unha iniciativa que reuniu máis de 130 representantes municipais de África e Galicia para reflexionar sobre o papel das mulleres na política local e impulsar medidas que reforcen a súa participación nas institucións.

A cita concluíu coa lectura da Declaración da Praia, un documento no que se subliña que “cando as mulleres participan plenamente na vida política, a democracia tórnase máis forte, as comunidades tórnanse máis xustas e o desenvolvemento tórnase máis sustentable”. O texto recolle unha serie de compromisos orientados a fortalecer a presenza feminina nos espazos de decisión municipal, consolidar políticas públicas de igualdade e incorporar de maneira transversal a perspectiva de xénero na acción das administracións locais.

O encontro, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en colaboración coa Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos (ANMCV), desenvolveuse baixo o lema ‘Electas no local, unha voz global’. Durante as xornadas abordáronse cuestións relacionadas coas barreiras e oportunidades que atopan as mulleres no exercicio da política local, así como experiencias e boas prácticas municipais con enfoque de xénero, entre elas a elaboración de orzamentos sensibles á igualdade.

Participación galega no foro internacional

A delegación galega estivo integrada por varias responsables municipais, entre elas María Rozas, así como as alcaldesas de Burela, Cangas, Muros, Oímbra, Ponteareas e Salceda de Caselas, e concelleiras de Ames, Arteixo, Burela, Malpica de Bergantiños, Nigrán e San Sadurniño. O encontro celebrouse no contexto das actividades vinculadas ao Día Internacional das Mulleres e aos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

No marco do evento constituíuse tamén a Rede de Mulheres Autarcas Caboverdianas, unha iniciativa destinada a reforzar a cooperación entre responsables locais e promover o intercambio de experiencias e iniciativas orientadas á igualdade de xénero no ámbito municipal.

COOPERACION INSTITUCIONAL EN CABO VERDE

As participantes foron recibidas pola embaixadora de España en Cabo Verde, Ana Paredes, quen puxo en valor o traballo de cooperación desenvolvido no arquipélago. Pola súa banda, o coordinador da Cooperación Española no país, Fernando Regúlez, ofreceu unha análise da situación actual de Cabo Verde e das posibilidades de continuar impulsando proxectos conxuntos.

Tras a celebración do encontro, parte da delegación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade permanecerá no país para supervisar diferentes iniciativas en marcha, entre elas proxectos de agricultura sustentable nos municipios de Tarrafal e São Miguel, orientados a reforzar o desenvolvemento local e a cooperación entre institucións galegas e caboverdianas.

ÚLTIMAS

Médicos galegos volven manifestarse en Santiago e esixen negociar para parar a folga

Médicos de atención primaria e hospitalaria volveron mobilizarse este sábado en Santiago de Compostela...

Un incendio duns colchóns baixo a cafetaría da Alameda mobiliza aos servizos de emerxencia

Un pequeno incendio rexistrado na noite deste venres baixo a cafetaría da Alameda de...

Un centenar de persoas mobilízanse en Santiago contra a guerra en Oriente Medio e os ataques de Trump

Un centenar de persoas concentráronse este sábado na Praza do Toural, en Santiago de...

O reto que se autoimpón a nova reitora da USC: determinar áreas para incorporar e formar persoal “de forma urxente”

A Universidade de Santiago de Compostela terá por primeira vez nos seus 531 anos...

Marta Abal critica a xestión do Goberno local no contrato da auga e fala de “tres anos perdidos para Santiago”

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela criticou a xestión do Goberno local...

Mila Castro critica a intención do Goberno local de aprobar a renovación do contrato da auga sen pasar polo pleno

A concelleira non adscrita de Santiago, Mila Castro, criticou a intención anunciada pola alcaldesa,...

O goberno de Santiago impulsará por licitación a revisión dos estudos da auga e unha auditoría do servizo

O goberno municipal de Santiago iniciará unha nova fase para avanzar na regularización do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here