InicioSANTIAGOAs escolas unitarias do Eixo, Laraño e Marrozos terán servizo de madrugadores...

As escolas unitarias do Eixo, Laraño e Marrozos terán servizo de madrugadores e almorzo no vindeiro curso

O Concello de Santiago anuncia a ampliación dos servizos complementarios en tres centros do rural coincidindo co prazo de solicitude de praza para o curso 2026/2027

Publicado o

Xornal de Compostela

A Concellería de Educación de Santiago de Compostela, dirixida por Míriam Louzao, anunciou que as escolas unitarias de Gaioso no Eixo, Rial en Laraño e Bispo Teodomiro en Marrozos incorporarán no vindeiro curso o servizo de madrugadores e almorzo. A medida amplía a oferta complementaria destes centros do rural compostelán e faise pública coincidindo co período de solicitude de praza.

Segundo avanzou o Concello, o novo servizo funcionará desde as 7:30 ata o comezo da actividade lectiva. A súa posta en marcha engádese ao servizo de xantar que xa entrou en funcionamento neste curso 2025/2026 nas escolas unitarias compostelás.

A administración local sinala que a comunicación desta novidade neste momento busca que as familias interesadas, así como aquelas que aínda están valorando a escolarización das súas fillas e fillos, poidan ter en conta esta ampliación de prestacións á hora de elixir centro.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here