InicioPOLÍTICAMuíños reclama unha solución provisional para a Policía Nacional tras o incendio...

Muíños reclama unha solución provisional para a Policía Nacional tras o incendio na comisaría de Santiago

O non adscrito critica a falta de medios e pide coordinación entre Delegación do Goberno e Concello para habilitar unha localización alternativa que permita mellorar a atención á cidadanía

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro non adscrito Gonzalo Muíños reclamou hoxe medidas urxentes para resolver a situación da Comisaría da Policía Nacional da cidade tras o incendio rexistrado hai máis dun mes nas súas instalacións. Segundo denunciou, o servizo continúa a funcionar en condicións que cualificou de precarias e sen que se adoptasen solucións estruturais para garantir unha atención adecuada á cidadanía.

Muíños sinalou que á situación derivada do incendio súmase a falta de medios materiais que quedaron inutilizados polo lume e que, segundo indicou, aínda non foron substituídos. Neste sentido, advertiu de que esta circunstancia afecta á capacidade operativa do corpo policial nun contexto no que a demanda de presenza policial segue a ser elevada por parte da veciñanza.

O concelleiro non adscrito instou ao delegado do Goberno en Galicia a demostrar o compromiso adquirido no seu momento para que a comisaría de Santiago acade a categoría de Comisaría Principal, e pediulle que impulse medidas concretas para resolver a situación actual. Entre elas, destacou a necesidade de habilitar unha localización provisional que permita reorganizar o servizo.

Segundo explicou, esta alternativa debería contar tamén coa colaboración do Concello de Santiago. “É imprescindible que se procure ofrecer unha localización alternativa, un edificio no que se poida mellorar a prestación dos servizos á cidadanía ou, cando menos, que facilite a organización operativa da Policía Nacional”, afirmou.

Muíños tamén reclamou unha maior coordinación institucional para abordar esta cuestión e criticou o que cualificou como unha resposta insuficiente por parte das administracións implicadas. Neste contexto, fixo referencia á petición de reunión realizada polo Sindicato Unificado de Policía (SUP) á alcaldesa de Santiago hai aproximadamente unha semana e que, segundo indicou, non obtivo resposta ata o momento.

Outro dos aspectos sinalados polo concelleiro foi a situación do parque móbil da Policía Nacional na cidade. Segundo expuxo, máis de 40 vehículos policiais permanecen inutilizados no interior do edificio afectado polo incendio, sen que se coñezan as condicións nas que se atopan nin se anunciase a súa substitución por parte do Ministerio do Interior.

Ante esta situación, Muíños considerou necesario actuar con rapidez para garantir que o servizo policial continúe a prestarse con normalidade. “É urxente dotar de medios e infraestrutura o servizo para que siga a prestar un servizo fundamental e demandado”, sinalou, ao tempo que pediu que as administracións implicadas demostren o seu compromiso con medidas concretas.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here