InicioPOLÍTICAPolémica pola senda do Milladoiro a Santiago: o BNG fala de “chapuza”...

Polémica pola senda do Milladoiro a Santiago: o BNG fala de “chapuza” e a Xunta defende o novo trazado para non afectar ao Banquete de Conxo

Infraestruturas asegura que a modificación do percorrido evita afeccións ao Banquete de Conxo, mentres o Bloque denuncia erros no proxecto e pide restaurar o bosque afectado

Publicado o

Xornal de Compostela

A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza Martínez, defendeu este xoves o trazado definitivo da senda peonil e ciclista entre O Milladoiro e a estación intermodal de Santiago, no seu paso pola zona de Conxo, despois da modificación introducida para evitar afeccións ao espazo patrimonial do Banquete de Conxo. Durante a Comisión de Ordenación Territorial do Parlamento galego, a deputada do BNG Saleta Chao cargou contra o proxecto da Xunta, ao que cualificou de “chapuza”, asegurando que o proceso estivo marcado por “erros e contradicións”.

O trazado inicial fora informado desfavorablemente por Patrimonio, ao considerar que podía afectar á área patrimonial do Banquete de Conxo, unha cuestión que a Xunta decidiu modificar posteriormente. Chao criticou “o empeño” do Goberno galego en atravesar a zona de Conxo, malia as alegacións presentadas polo Concello de Santiago e pola asociación veciñal Conxo Aberto, que advertiran das posibles afeccións incluso antes de iniciarse o proxecto. “Tiñan previsto facer unha animalada”, reprochou a parlamentaria nacionalista. Ademais, pediu restituír ao seu estado orixinal o bosque do Banquete de Conxo, ao asegurar que xa se iniciaron traballos que provocaron afeccións nese espazo natural.

A XUNTA DEFENDE O CAMBIO DE TRAZADO

En resposta, María Deza destacou que coa modificación do proxecto corrixíronse as “discrepancias” existentes, de modo que a senda, no punto quilométrico 3,560, en lugar de dirixirse cara ao Banquete de Conxo sepárase cara ao leste e discorre polo aparcadoiro do hospital de Conxo. A responsable de Infraestruturas tamén explicou que as obras continúan avanzando e que este mesmo xoves se instalou unha pasarela de madeira de 30 metros, unha actuación que provocou afeccións puntuais ao tráfico na AG-56. Segundo indicou, esta infraestrutura permitirá completar o trazado modificado da senda. En relación coa denuncia do BNG sobre os posibles danos no bosque do Banquete de Conxo, Deza asegurou “non ter constancia” desa situación, aínda que se comprometeu a comprobar se é necesario realizar actuacións de restauración no espazo afectado.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...