InicioSOCIEDADEMaite Flores destaca que "hai partido" entre as dúas candidaturas ao reitorado...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata pide á comunidade universitaria que acuda a votar e critica ao equipo de Rosa Crujeiras por “non querer responder” ás súas preguntas

Publicado o

Xornal de Compostela

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou este luns nun acto convocado pola propia universidade con motivo do 8M que “está partindo” na segunda volta das eleccións, despois da vitoria de Rosa Crujeiras na primeira votación. No último día de campaña electoral, Flores pediu á comunidade universitaria que participe na segunda volta e que “non deixe de ir votar nin vote en branco”, especialmente a aqueles que apoiaran algunha das candidaturas que quedaron fóra tras a primeira rolda.

A aspirante tamén criticou o equipo da súa rival, ao considerar que están “un pouco anestesiados” e por “non querer responder” ás preguntas que, segundo afirmou, formulan desde a súa candidatura. A pesar de recoñecer que “non sabe cal vai ser o resultado final”, mostrouse optimista sobre o desenlace da votación, e comparou a campaña cun partido no que confía en obter “un bo resultado”. Flores subliñou ademais que as propostas das dúas aspirantes á reitoría son “moi diferentes”, defendendo o seu proxecto para a universidade.

“Levámolo ben, con enerxía e ilusión, agradecendo á xente que siga confiando en nós porque cada vez temos máis constancia de que a xente vai confiando en nós”, afirmou. Con todo, avanzou que seguirá intensificando a campaña ata as doce da noite, momento no que se pechará oficialmente o período electoral e dará comezo a xornada de reflexión previa ás votacións deste mércores.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...