InicioPOLÍTICASantiago acolle un debate internacional sobre a polarización política e os retos...

Santiago acolle un debate internacional sobre a polarización política e os retos da democracia no século XXI

Politólogos de universidades estadounidenses analizarán este luns no Centro de Estudos Avanzados o estado actual da democracia e a gobernación global

Publicado o

Xornal de Compostela

Santiago de Compostela será escenario este luns, 9 de marzo, dun encontro académico internacional dedicado a analizar os retos da democracia contemporánea e a crecente polarización política no mundo. A conferencia, titulada ‘Democracia e gobernación global: retos e desafíos no século XXI’, reunirá na cidade a varios especialistas de universidades dos Estados Unidos convidados polo Foro Económico de Galicia e polo International Center for Decentralization and Governance (Ideagov), entidade con sede na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

A xornada desenvolverase entre as 16:00 e as 20:00 no Centro de Estudos Avanzados, situado no parque de Vista Alegre, e contará coa participación de investigadores que analizarán diferentes dimensións do funcionamento das democracias actuais.

Entre os relatorios previstos figuran as intervencións de Jonathan Rodden, da Universidade de Stanford; Erik Wibbels e Guy Grossman, da Universidade de Pennsylvania; e Pablo Beramendi, da Universidade de Duke. O encontro abordará cuestións como as raíces da hostilidade partidista, a situación actual da democracia estadounidense ou o impacto da redución da axuda internacional no contexto global.

As sesións estarán moderadas polas profesoras María Lourerio, da Universidade de Santiago de Compostela, e Miriam Hortas-Rico, da Universidade Autónoma de Madrid, que conducirán o debate entre os especialistas invitados.

A apertura institucional do acto contará coa intervención do reitor da USC, Antonio López;do secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro; do presidente do Foro Económico de Galicia, Víctor Nogueira, e do responsable de Ideagov, Santiago Lago, quen darán comezo a unha xornada centrada na análise académica dos desafíos que afrontan os sistemas democráticos nun contexto internacional marcado pola polarización política e as transformacións da gobernanza global.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...