InicioSANTIAGOSantiago aprobará destinar un piso municipal a recurso habitacional para mulleres vítimas...

Santiago aprobará destinar un piso municipal a recurso habitacional para mulleres vítimas de violencia de xénero e persoas LGBTIQ+

O Premio Xohana Torres recae na xornalista Raquel C. Pico, pola súa obra sobre Maruja do Mazo

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago aprobará na próxima reunión da Xunta de Goberno local que unha vivenda de titularidade municipal pase a ser xestionada polo Departamento de Igualdade co obxectivo de habilitala como recurso habitacional destinado a mulleres vítimas de violencia de xénero e a persoas do colectivo LGBTIQ+.

A medida foi avanzada pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, durante o acto institucional celebrado con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, no que tamén tivo lugar a lectura da declaración da Corporación municipal e a entrega do Premio Xohana Torres.

Segundo explicou o Goberno local, unha vez aprobada a adscrición da vivenda ao Departamento de Igualdade, deberá completarse o procedemento administrativo coa correspondente autorización da Xunta de Galicia para que poida entrar en funcionamento como recurso de apoio.

O anuncio realizouse tras a lectura da declaración institucional do Concello de Santiago, na que participaron representantes de todos os grupos e formacións que integran a Corporación municipal. Durante as intervencións, destacouse o papel do feminismo como “unha das grandes forzas transformadoras da sociedade”, que permitiu ás mulleres “ter máis dereitos e ferramentas para combater as discriminacións e violencias”.

O texto tamén incidiu en que as desigualdades de xénero continúan presentes, e advertiu de que o contexto actual está marcado polo “auxe de discursos que cuestionan ou minimizan as desigualdades sociais”, polo que o Concello expresou a súa “fonda preocupación pola normalización de discursos de odio”.

Neste marco, a Corporación municipal reafirmou o compromiso da cidade coa loita feminista e sinalou que Santiago “é e quere seguir sendo un símbolo e referente da loita feminista”. Así mesmo, subliñouse a necesidade de continuar traballando con “determinación e compromiso” na defensa dos dereitos das mulleres e na erradicación da violencia machista.

O acordo institucional tamén recolle que a igualdade debe entenderse como un principio transversal nas políticas públicas, polo que o Concello comprométese a integrar esta perspectiva en todas as actuacións municipais. Ademais, inclúe o apoio ás mobilizacións convocadas polo movemento feminista e a demanda á Xunta de Galicia de máis recursos económicos e de persoal para os Centros de Información á Muller, así como un maior financiamento para as políticas de igualdade e prevención.

PREMIO XOHANA TORRES

Durante o acto institucional entregouse tamén o Premio Xohana Torres, que nesta edición recoñeceu á xornalista Raquel C. Pico pola súa obra Na procura da primeira estrela galega. Maruja do Mazo e as mulleres do cine da Galicia dos anos 20.

Na súa intervención, a autora destacou a importancia de recuperar figuras esquecidas da historia cultural galega. “Maruja do Mazo é unha de tantas mulleres esquecidas da historia de Galicia, e xusto que día máis apropiado que este para pór en valor todas esas historias perdidas”, afirmou.

Segundo explicou, Maruja do Mazo tiña 18 anos cando se converteu na primeira estrela dunha película realizada en Galicia, un proxecto que buscaba reivindicar a identidade cultural galega no cinema. Pico situou aquel momento nos anos vinte, unha etapa que cualificou como “fascinante” para a historia das mulleres e para a sociedade galega, marcada pola aparición dunha nova imaxe feminina. “Foi un momento vibrante no que se puxo de moda a moza moderna, que rompía coas ideas que viñan do pasado e abría novas portas”, sinalou.

ÚLTIMAS

O Concello defende que baixa o número de animais en Bando e xustifica a suspensión da selección da dirección por unha dúbida legal

O Concello de Santiago respondeu ás críticas do Partido Popular sobre a situación do...

Patricia Iglesias evita aclarar se será candidata en Santiago: “Non son das que me anticipo”

A deputada socialista Patricia Iglesias volveu descartar este luns confirmar se optará a ser...

A Xunta de Goberno aproba obras no rural, subvencións de igualdade e a nova licitación das escolas infantís municipais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns, 8 de xuño, diferentes...

O comercio local de Santiago celebra o ‘Prima 2026’ con actividades familiares, música e unha ruleta de agasallos

O Concello de Santiago celebrará do xoves 11 ao sábado 13 de xuño unha...

Patricia Iglesias evita aclarar se será candidata en Santiago: “Non son das que me anticipo”

A deputada socialista Patricia Iglesias volveu descartar este luns confirmar se optará a ser...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...