InicioSUCESOSDous feridos en Santiago por unha fuga de gas nunha vivenda

Dous feridos en Santiago por unha fuga de gas nunha vivenda

Publicado o

Xornal de Compostela

Dúas persoas víronse afectadas por unha fuga de gas dun quentador nunha vivineda de Santiago. Segundo a informado o 112, os feitos ocorreron este mércores, nunha vivenda da praza de San Roque. O servizo tivo coñecemento do ocorrido ao redor das 23.30 horas cando un particular contactou ao notar que un familiar presentaba síntomas de intoxicación por gas. Indicou que podía deberse a un quentador que funcionaba con bombonas.

Os bombeiros do parque municipal así o confirmaron. Ambas as persoas, que se atopaban no interior, foron evacuadas polo persoal sanitario. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os bombeiros e a Policía Local de Santiago, a Policía Nacional e un técnico especializado da empresa subministradora do gas.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...