InicioSANTIAGORosa Crujeiras propón a Juan Díaz Villoslada como xerente e Alicia Villalba...

Rosa Crujeiras propón a Juan Díaz Villoslada como xerente e Alicia Villalba Sánchez como secretaria xeral da USC

A candidata á reitoría presenta o equipo que integraría o futuro goberno universitario se resulta elixida o 11 de marzo

Publicado o

Xornal de Compostela

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, presentou este mércores as persoas que proporá para ocupar a xerencia e a secretaría xeral da institución no caso de resultar elixida no proceso electoral que culminará o próximo 11 de marzo. Durante o anuncio, a profesora destacou a “ilusión e gratitude” das persoas propostas pola súa disposición a integrarse no proxecto de goberno universitario.

Para a xerencia da USC, Crujeiras propón a Juan Díaz Villoslada, a quen definiu como “un profesional cunha dilatada traxectoria na xestión pública, en particular na xerencia universitaria”. Díaz Villoslada foi xerente da Universidade da Coruña (UDC) entre 2012 e 2016 e conta cunha ampla experiencia en administración pública.

Segundo explicou a candidata, Villoslada estaría acompañado na estrutura de xestión por Emilio Martínez Rivas, técnico de xestión da propia universidade, quen colaboraría de maneira transitoria no proceso de adaptación ao novo modelo de xerencia. Crujeiras indicou que esta área terá que afrontar “dous grandes desafíos: o relevo xeracional e a simplificación administrativa, en coordinación con toda a nosa estrutura de xestión”.

No que respecta á secretaría xeral, Crujeiras anunciou a proposta de Alicia Villalba Sánchez, profesora titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na USC. Este órgano é responsable de cuestións clave relacionadas co funcionamento institucional, a normativa universitaria e os procedementos de goberno da universidade.

A candidata á reitoría pechou a súa intervención cunha mensaxe de agradecemento ao equipo presentado: “A todos eles teño que agradecerlles a súa disposición para formar parte deste proxecto”. Segundo sinalou, estas incorporacións permitirían configurar “un equipo sólido, experimentado e con coñecemento” para afrontar os retos de futuro da universidade compostelá.

PERFÍS PROFESIONAIS

Juan Díaz Villoslada é licenciado en Dereito pola USC e funcionario tanto da Xunta de Galicia como do Concello da Coruña, onde exerce actualmente como xefe do servizo de Tesourería. Ao longo da súa carreira desempeñou responsabilidades na administración universitaria e na política institucional, entre elas a xerencia da UDC, un escano no Parlamento de Galicia e o cargo de concelleiro de Urbanismo na Coruña. A súa traxectoria inclúe ámbitos como a xestión orzamentaria, os recursos humanos, a inspección administrativa e a planificación urbana.

Emilio Martínez Rivas, tamén licenciado pola USC, é técnico de xestión na Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da universidade compostelá. Ao longo da súa carreira ocupou cargos de responsabilidade na Xunta de Galicia, no Concello de Lugo e na Universidade de Vigo, ademais de desenvolver actividade investigadora e de publicación sobre innovación e cooperación. Entre outras funcións, presidiu a Coordinadora Galega de ONGDs e participou como experto no Consello Galego de Cooperación.

Pola súa banda, Alicia Villalba Sánchez é profesora titular de Dereito do Traballo na USC, universidade na que se licenciou con premio extraordinario e na que obtivo o doutoramento con cualificación cum laude. A súa actividade investigadora desenvolveuse en distintos centros e proxectos, incluíndo iniciativas europeas. Na actualidade lidera un campus dedicado á igualdade laboral entre España e Portugal.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here