InicioSANTIAGOO Consello de Estudantado da USC organiza un debate cara a cara...

O Consello de Estudantado da USC organiza un debate cara a cara entre Maite Flores e Rosa Crujeiras

O encontro celebrarase este venres 6 de marzo no Salón de Actos da Facultade de Políticas ás 18:00

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consello de Estudantado da USC organiza este venres 6 de marzo ás 18:00 horas un debate cara a cara entre as dúas candidatas que optan á Reitoría, Maite Flores e Rosa Crujeiras, no marco da segunda volta das eleccións á máxima responsabilidade académica da institución.

O encontro terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais e está impulsado de maneira colaborativa pola Asemblea de Investigadoras de Compostela, o Consello de Estudantado e o colectivo de PTXAS A Trabe. A iniciativa pretende ofrecer un espazo de contraste directo entre as dúas aspirantes á Reitoría antes da votación definitiva.

Desde a organización animan á comunidade universitaria a asistir ao acto e participar no debate público sobre o futuro da universidade. A través das redes sociais, o Consello de Estudantado fixo un chamamento á mobilización do alumnado lembrando que “o noso voto é fundamental” no proceso electoral.

O debate desenvolverase poucos días antes da segunda volta das eleccións reitorais, na que a comunidade universitaria deberá escoller entre as candidaturas de Maite Flores e Rosa Crujeiras para liderar a USC nos próximos seis anos.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here