InicioPOLÍTICABouza anuncia que levará ao Parlamento a reparación de dous colexios de...

Bouza anuncia que levará ao Parlamento a reparación de dous colexios de Santiago

O deputado socialista reclama á Xunta que inclúa nos orzamentos de 2026 partidas para mellorar as cubertas do CEIP Santiago Apóstolo e do CEIP de Fontiñas

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz socialista en Santiago, Aitor Bouza, anunciou esta mañá que o seu grupo trasladará ao Parlamento de Galicia a situación das infraestruturas en dous centros educativos da cidade, co obxectivo de reclamar á Xunta actuacións urxentes e a inclusión dunha partida específica nos orzamentos autonómicos de 2026.

Bouza explicou que a iniciativa se centrará, de maneira prioritaria, no CEIP Santiago Apóstolo e no CEIP de Fontiñas, onde, segundo indicou, existen deficiencias nas cubertas dos edificios que levan tempo sendo reclamadas pola comunidade educativa. “Imos esixir ao conselleiro de Educación e ao presidente da Xunta que se comprometan con esta cidade e que non miren cara outro lado”, afirmou.

No caso do CEIP Santiago Apóstolo, o socialista sinalou que a situación das infraestruturas foi posta de manifesto recentemente no Pleno municipal. Segundo indicou, a comunidade educativa leva meses, e mesmo anos, reclamando unha intervención integral no centro, incluíndo actuacións no tellado.

Tamén fixo referencia ao CEIP de Fontiñas, onde asegurou que a cuberta precisa dunha actuación urxente. O obxectivo do PSdeG é que ambas intervencións queden recollidas nos próximos orzamentos autonómicos.

Bouza apelou á unidade dos grupos políticos para reclamar estas melloras ante a Xunta. “Non se poden facer frontes comúns só para determinadas cuestións e non para reclamar as melloras das infraestruturas educativas”, declarou, ao tempo que propuxo visitar conxuntamente os centros para trasladar á Administración autonómica a demanda.

FALTA DE PROFESORADO ESPECIALIZADO

A rolda de prensa tamén abordou a situación do persoal docente de apoio. O portavoz socialista referiuse á falta de profesorado de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe en varios centros composteláns, unha cuestión que, segundo indicou, foi denunciada ao inicio do curso escolar.

Entre os exemplos mencionados atópase o CEIP Monte dos Postes, onde se realizaron mobilizacións para reclamar máis recursos. Bouza asegurou que esta carencia non é un caso illado e que afecta a distintos colexios da cidade.

Neste contexto, anunciou que o Partido Socialista participará na mobilización convocada en Santiago para reclamar máis medios educativos. “Estaremos alí para apoiar á comunidade educativa nas reivindicacións que están facendo”, sinalou.

DEBATE SOBRE O MODELO DA AUGA

Na comparecencia tamén se referiu ao debate municipal sobre o modelo de xestión do ciclo integral da auga. Bouza criticou a postura do Partido Popular no último Pleno e considerou que determinadas decisións poden afectar á veciñanza.

Segundo explicou, o PSdeG presentou máis de setenta propostas ao borrador do Goberno local e agarda agora coñecer cales foron incorporadas antes de fixar definitivamente a súa posición.

“O noso compromiso é coas veciñas e veciños de Compostela e con trasladar as súas demandas ás institucións correspondentes”, concluíu, insistindo en que as reclamacións educativas serán levadas ao ámbito autonómico para procurar unha solución ás deficiencias detectadas.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here