InicioSANTIAGOAMESO BNG reclama ao Goberno a cesión gratuíta do tramo ferroviario entre...

O BNG reclama ao Goberno a cesión gratuíta do tramo ferroviario entre Fraiz e A Moniña para convertelo en senda verde

ADIF propón un contrato de vía verde por 20 anos cunha renda simbólica, mentres os nacionalistas esixen o traspaso definitivo ao Concello de Ames

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG volveu instar ao Goberno central a que autorice a cesión gratuíta e definitiva do tramo ferroviario en desuso situado entre Fraiz e A Moniña, no concello de Ames, co obxectivo de facilitar a súa transformación nunha senda verde destinada á mobilidade peonil e ciclista.

Segundo trasladan os nacionalistas, a resposta oficial do Executivo indica que Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) está “en total disposición de ceder o uso dese tramo” ao Concello de Ames mediante a fórmula dun contrato de vía verde, cunha renda testemuñal e un prazo inicial de 20 anos. Na comunicación tamén se sinala que o consistorio debe dirixirse á Xerencia de Patrimonio e Urbanismo Noroeste da entidade para tramitar a solicitude.

UN TRAMO SEN USO FERROVIARIO

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, considera que esta proposta non responde ás demandas formuladas. A seu xuízo, o tramo atópase “completamente abandonado, cuberto de maleza e en progresiva deterioración”, tras perder a súa funcionalidade como infraestrutura de transporte.

Rego defende que a recuperación deste espazo permitiría habilitar un corredor de mobilidade sustentable e de lecer para a veciñanza de Ames, reforzando a conexión entre núcleos e ampliando as alternativas de desprazamento non motorizado nun municipio da área compostelá cun crecemento demográfico significativo nos últimos anos.

REIVINDICACIÓN DUNHA CESIÓN DEFINITIVA

O BNG entende que a fórmula dun contrato temporal, mesmo cunha renda simbólica, resulta “insuficiente”. “Debe ser unha cesión gratuíta e definitiva”, sinala o deputado, que considera que o traspaso da titularidade ao Concello permitiría asumir con garantías a conservación, recuperación e posta en valor da antiga infraestrutura ferroviaria.

Para os nacionalistas, a existencia dunha vontade política clara debería traducirse nun acordo que facilite a integración deste espazo na planificación municipal e na súa adaptación como senda verde, sen limitacións temporais nin cargas económicas, por pequenas que sexan.

A proposta enmárcase nas iniciativas impulsadas polo BNG para promover a reutilización de infraestruturas ferroviarias en desuso como itinerarios verdes, unha fórmula que xa funciona noutros puntos do Estado e que, segundo defenden, pode contribuír á mellora da calidade de vida e á promoción dunha mobilidade máis sustentable na contorna de Santiago e a súa comarca.

ÚLTIMAS

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

O arcebispo de Santiago chama a recoñecer a dignidade de toda persoa na Ofrenda ao Apóstolo

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, fixo un chamamento este 25 de xullo...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...