InicioCULTURAMaría Rozas preside a constitución do Consello Municipal de Mocidade

María Rozas preside a constitución do Consello Municipal de Mocidade

O novo órgano incorpora máis peso dos centros educativos e abre as sesións á participación pública da mocidade de 14 a 30 anos

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presidiu esta tarde a sesión constitutiva do Consello Municipal de Mocidade, celebrada no Centro Xove da Almáciga, en Santiago de Compostela.

Durante a súa intervención, a tamén tenenta de alcaldesa definiu o órgano como un “espazo de encontro e coordinación entre o Concello e a mocidade, para favorecer a súa implicación activa na vida pública e canalizar as súas demandas co obxectivo tamén de facilitar a resposta por parte da administración local”.

Rozas animou ás persoas mozas a implicarse neste novo marco de participación e subliñou a necesidade de que poidan expresar directamente as súas inquedanzas. “Participar neste órgano para poñerlle rostro e voz ás súas propias demandas, porque moitas veces falamos das preocupacións e intereses da mocidade sen darlles as ferramentas precisas para que as expresen por si mesma”, sinalou.

Á reunión asistiron 16 representantes de centros educativos da cidade, nove persoas en nome de entidades que traballan coa xuventude e un representante do Consello do Estudantado. Tamén participaron membros de todos os grupos políticos con presenza na Corporación municipal.

Na sesión avanzouse na creación de grupos de traballo específicos, que abordarán cuestións de interese para a mocidade compostelá no marco do propio Consello.

A constitución do órgano prodúcese tras a aprobación dun novo regulamento, que substitúe o vixente desde 2001. A actualización adapta o funcionamento do Consello á realidade social actual e á Lei de Xuventude de Galicia.

Entre as principais modificacións figura a maior presenza dos centros educativos e da Universidade na súa composición. O regulamento establece que poderá haber un mínimo de cinco vogalías exercidas por mozos e mozas a partir dos 14 anos, escolarizados en 3º da ESO ou cursos posteriores de secundaria, bacharelato ou formación profesional. Cada centro designará unha persoa titular e, cando menos, unha suplente. Estas vogalías representarán a súa franxa de idade ou barrio, e non o propio centro.

No que respecta á Universidade, o órgano contará cunha persoa designada en representación do órgano de goberno da Universidade de Santiago de Compostela, que será nomeada unha vez conclúa o proceso electoral actualmente aberto, así como cunha persoa representante do Consello do Estudantado.

PARTICIPACIÓN ABERTA Á MOCIDADE

O regulamento tamén introduce a posibilidade de que as sesións sexan abertas á participación pública, con voz pero sen voto, de persoas entre os 14 e os 30 anos. Ademais, entidades, asociacións ou colectivos xuvenís poderán solicitar formalmente a súa incorporación como vogais, achegando os datos da persoa representante ao correo electrónico da Concellaría de Mocidade.

Entre os integrantes figura tamén unha persoa en representación da comunidade usuaria do Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga.

ESTRUTURA ORGANIZATIVA

A composición complétase cunha persoa representante de cada grupo político municipal. A presidencia corresponde á concelleira de Xuventude por delegación da alcaldía, mentres que a vicepresidencia será ocupada de maneira rotatoria por unha das vogais. A secretaría recae na persoa que exerce a Secretaría Xeral do Pleno ou na persoa na que delegue.

ÚLTIMAS

A néboa e o vento obrigan a desviar sete voos con destino a Santiago

As condicións meteorolóxicas complicaron este martes pola tarde a operativa do aeroporto de Santiago-Rosalía...

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Aberto26 abrirá a tempada da arte contemporánea con exposicións simultáneas en nove galerías galegas

A cuarta edición de 'Aberto' celebrarase do 17 ao 19 de setembro cun programa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here