InicioSANTIAGOSantiago constitúe o Consello Municipal de Mocidade tras aprobar un novo regulamento

Santiago constitúe o Consello Municipal de Mocidade tras aprobar un novo regulamento

O órgano reforza a presenza de centros educativos e da USC e abre as sesións á participación de mozos e mozas de 14 a 30 anos

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago celebrará mañá pola tarde a sesión constitutiva do Consello Municipal de Mocidade, despois de aprobar o novo regulamento que rexerá o funcionamento deste órgano de participación, substituíndo o texto vixente dende o ano 2001. A reunión terá lugar no Centro Xove da Almáciga e marcará o inicio dunha nova etapa para este espazo consultivo.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, explicou que o Consello está pensado como “un espazo de encontro e coordinación entre o Concello e a mocidade, para favorecer a súa implicación activa na vida pública e canalizar as súas demandas co obxectivo tamén de facilitar a resposta por parte da administración local”.

O novo regulamento adapta o funcionamento do órgano á realidade social actual e á normativa autonómica en materia de xuventude. Entre os cambios máis relevantes figura a modificación da súa composición e a apertura das sesións á participación pública, con voz pero sen voto, de persoas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos.

MAIOR PESO DOS CENTROS EDUCATIVOS E DA USC

Un dos elementos centrais da reforma é o incremento da presenza dos centros educativos e da Universidade de Santiago de Compostela no Consello. O órgano contará cun mínimo de cinco vogalías ocupadas por mozos e mozas escolarizados en 3º da ESO e cursos posteriores de educación secundaria, bacharelato ou formación profesional, sempre a partir dos 14 anos.

Cada centro educativo designará unha persoa titular e cando menos unha suplente. As persoas elixidas exercerán a súa función como representantes da súa franxa de idade ou do barrio, e non en nome do centro ao que pertencen.

No caso da Universidade, participará a través dunha persoa designada polo seu órgano de goberno e doutra proposta polo Consello do Estudantado, reforzando así a conexión entre o ámbito universitario e as políticas municipais de xuventude.

PARTICIPACIÓN DE ENTIDADES E COLECTIVOS

O regulamento tamén contempla a incorporación de entidades, asociacións ou colectivos xuvenís que formalicen a súa solicitude. Para iso deberán remitir os datos persoais e de contacto da persoa representante ao correo electrónico da Concellaría de Mocidade.

Así mesmo, incluirase unha persoa en representación da comunidade usuaria do Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga, ampliando a diversidade de perfís presentes no órgano.

REPRESENTACIÓN INSTITUCIONAL E FUNCIONAMENTO

A composición complétase cunha persoa representante de cada grupo político con presenza na Corporación municipal. A presidencia corresponderá á alcaldesa ou á concelleira de Xuventude, mentres que a vicepresidencia será exercida de maneira rotatoria por unha das vogalías. A secretaría recaerá na persoa titular da Secretaría Xeral do Pleno ou en quen delegue.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here