InicioPOLÍTICAO PSdeG solicitará información á alcaldesa sobre o mantemento dos muros municipais...

O PSdeG solicitará información á alcaldesa sobre o mantemento dos muros municipais tras o derrubamento en Bonaval

Os socialistas preguntarán no Pleno polas actuacións realizadas e a planificación económica para a conservación destas estruturas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista levará ao vindeiro Pleno municipal deste xoves unha pregunta dirixida á alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, co obxectivo de coñecer as actuacións desenvolvidas polo Goberno local en relación co mantemento e conservación dos muros de titularidade municipal.

A iniciativa prodúcese despois do derrubamento parcial dun dos muros do cemiterio de Bonaval, rexistrado hai dez días e que, segundo trasladou o PSdeG nunha nota de prensa, estivo motivado polas intensas choivas do inverno.

CEMITERIO DE BONAVAL

A concelleira socialista Marta Abal lembrou que este episodio “puxo de manifesto a necesidade de revisar o estado destes espazos”, en referencia aos elementos de peche e contención que forman parte do patrimonio municipal.

Segundo indicou, o grupo socialista xa trasladou a súa “preocupación” polo estado de conservación do recinto, tanto desde o punto de vista da protección do patrimonio histórico como no relativo á seguridade das persoas que transitan ou visitan a zona.

Ademais, Abal fixo referencia á existencia dun estudo elaborado a finais de 2022 no que se analizaba o estado de conservación dos muros de titularidade municipal en Santiago e se recollían as medidas correctivas necesarias para garantir o seu adecuado mantemento.

Neste contexto, o PSdeG preguntará no Pleno polas actuacións concretas que se executaron desde aquela análise, así como pola planificación prevista para futuras intervencións e pola dotación económica asignada a estas tarefas de conservación.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...