InicioPOLÍTICAO PSdeG condiciona o seu apoio aos orzamentos de 2026 á incorporación...

O PSdeG condiciona o seu apoio aos orzamentos de 2026 á incorporación de máis de 70 propostas

Publicado o

Xornal de Compostela

O voceiro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago, Gumersindo Guinarte, valorou a aprobación en Xunta de Goberno Local do proxecto de orzamentos municipais para 2026, pero advertiu de que o executivo local non conta polo momento cos apoios necesarios para garantir a súa aprobación definitiva no pleno.

Guinarte lembrou que a propia alcaldesa, Goretti Sanmartín, recoñeceu publicamente que o Goberno municipal non ten pechados os respaldos precisos para sacar adiante o documento económico. Neste contexto, explicou que nas últimas semanas se desenvolveu un proceso de negociación entre ambas as partes no que o PSdeG trasladou unha relación ampla de iniciativas.

Segundo detallou, “nos estivemos nun proceso de negociación co Goberno Municipal, presentamos unha listaxe de propostas exixentes, máis de 70 propostas”, que inclúen tanto medidas de carácter político como compromisos vinculados á xestión municipal.

PROPOSTAS CON E SEN IMPACTO ECONÓMICO

O dirixente socialista precisou que dentro desa relación existen actuacións que non implican necesariamente unha consignación económica directa, pero que requiren un compromiso político por parte do executivo. Ao mesmo tempo, indicou que outras iniciativas si precisan encaixe nas contas municipais, polo que a súa incorporación ao texto definitivo será determinante para fixar a posición do grupo.

Guinarte insistiu en que, a día de hoxe, o diálogo non pode darse por rematado. “Esa negociación con nós non está evidentemente cerrada, no sentido de que haxa un acordo”, afirmou, deixando claro que non existe ningún compromiso pechado sobre o sentido do voto socialista.

O voceiro sinalou que será no propio debate plenario cando o grupo adopte unha decisión definitiva. “Iso significa que, cando se produza o debate, nós valoraremos en que medida o Goberno Municipal incorporou as nosas exixencias, en que medida forman parte do orzamento”, explicou, engadindo que “iso será o que determine a nosa posición de voto”.

TODAS AS OPCIÓNS ABERTAS

Desde o Grupo Municipal Socialista subliñan que, neste momento, “todas as posicións e todas as posibilidades están abertas”. A decisión final dependerá, segundo indicou Guinarte, “en función de cal fora a receptividade do Goberno Municipal as nosas propostas que coñece perfectamente”.

Os socialistas reiteran que a súa postura estará condicionada pola inclusión efectiva das medidas que consideran prioritarias para a cidade de Santiago e que o eventual apoio ás contas de 2026 esixirá compromisos concretos e verificables. Mentres tanto, a negociación continúa aberta á espera do debate plenario no que se definirá o futuro dos orzamentos municipais para o vindeiro exercicio.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here