InicioPOLÍTICAO PSdeG propón que o Concello asuma a xestión directa dos Centros...

O PSdeG propón que o Concello asuma a xestión directa dos Centros Socioculturais se a licitación queda deserta

O grupo socialista defenderá no pleno unha medida transitoria para garantir o servizo e os dereitos das persoas usuarias e do persoal

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista levará ao pleno ordinario deste mes unha iniciativa para que o Concello de Santiagoasuma directamente a xestión do Servizo de Animación e Dinamización dos Centros Socioculturais no caso de que a actual licitación quede deserta. A formación considera que esta eventualidade evidenciaría problemas na tramitación do contrato por parte do executivo local.

A concelleira Marta Abal explicou que a proposta contempla que, “no caso de que a actual licitación do Servicio de Animación e Dinamización dos Centros Socioculturais quede deserta”, sexa o propio Concello quen “asuma directamente a xestión do servizo con carácter transitorio e ata a formalización dun novo contrato para restablecelo canto antes”. Segundo sinalou, o obxectivo é “garantir os dereitos das persoas usuarias e das traballadoras e traballadores do servizo”.

A edil indicou que esta fórmula non suporía unha novidade, xa que, segundo afirmou, “é posible e hai antecedentes recentes”. Ao seu xuízo, a situación actual require “valentía política e decisión” para desbloquear un escenario que cualificou de “límite”.

Desde o grupo socialista sitúan a iniciativa no contexto do funcionamento da rede municipal de centros socioculturais. Abal asegurou que “a situación que se está a vivir nos Centros Socioculturais é dramática” e afirmou que Santiago está “no peor momento da súa historia”, atribuíndo a responsabilidade ao Goberno local, integrado por BNG e Compostela Aberta.

Segundo detallou, existen “Centros Socioculturais sen actividades e máis de 60 traballadoras e traballadores, máis de 60 familias, atrapadas nun bucle sen saída, sen cobrar, é sen posibilidade de acceder á prestación por desemprego”. Para a concelleira, esta realidade pon de manifesto problemas de planificación e xestión por parte do executivo municipal.

A proposta que defenderá o PSdeG pasa por unha xestión directa de carácter provisional e limitada no tempo, unha medida que Abal definiu como “excepcional pero necesaria e con encaixe xurídico para saír deste bloqueo canto antes”. A concelleira sostivo que “non podemos seguir agardando” e que “hai que actuar xa con cabeza e con sentido común para recuperar o servizo e protexer a quen o sostén e a quen o necesita”.

O debate sobre esta iniciativa terá lugar no vindeiro pleno ordinario, no que se abordará a situación do servizo e as posibles alternativas para restablecer a actividade nos centros socioculturais da capital galega.

ÚLTIMAS

O Concello aproba o proxecto de orzamentos de 2026 que supera os 148 millóns de euros

O Concello de Santiago aprobou na xunta de goberno o proxecto de orzamentos para...

A Policía Nacional reanuda os trámites de estranxeiría tras o incendio na comisaría

A Policía Nacional confirmou que dará continuidade aos trámites de estranxeiría en Santiago de...

Riki Mangana regresa á SD Compostela e asina ata a fin de tempada

O defensa Ricardo Enrique Mangana Barberá, máis coñecido como Riki Mangana (Caracas, 22/09/1999), volve...

A campaña ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’ impulsa en Santiago a colaboración entre tendas e entidades sociais

A terceira edición da campaña '12 Comercios, 12 Sensibilidades' xa está en marcha en...

O PP esixe explicacións ao Goberno local por manter na licitación dos Centros Socioculturais unha oferta cualificada de insuficiente

O concelleiro do Partido Popular en Santiago, José Ramón de la Fuente, compareceu este...

Bouza reclama á Xunta 2,4 millóns máis para o Consorcio de Santiago e critica a execución en vivenda

O secretario xeral do PSdeG de Santiago, Aitor Bouza, reclamou esta mañá un incremento...

O Ateneo acolle unha conversa sobre o papel de Galicia en Europa co eurodeputado Adrián Vázquez

O Ateneo de Santiago celebra hoxe, ás 19:30, unha nova sesión do Seminario Europa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here