InicioPOLÍTICAO PP esixe explicacións ao Goberno local por manter na licitación dos...

O PP esixe explicacións ao Goberno local por manter na licitación dos Centros Socioculturais unha oferta cualificada de insuficiente

José Ramón de la Fuente cuestiona que non se excluíse unha proposta que, segundo o informe técnico municipal, "non cumpre os requirimentos mínimos" e alerta da situación dos traballadores

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro do Partido Popular en Santiago, José Ramón de la Fuente, compareceu este mércores para reclamar explicacións ao Goberno municipal pola decisión de permitir que continúe no proceso de licitación do LOTE 3 dos Centros Socioculturais unha oferta que, segundo indicou, conta cun informe técnico de avaliación desfavorable.

De la Fuente asegurou que o documento elaborado polos técnicos municipais cualifica a proposta como “claramente insuficiente”, ao entender que non cumpre cos requirimentos mínimos establecidos nos pregos e presenta carencias relevantes. Segundo trasladou, o informe sinala tamén que a oferta non abrangue a maioría dos centros, especialmente no ámbito rural.

O edil popular subliñou que o concelleiro responsable da área exerceu como presidente da mesa de contratación que analizou as propostas, polo que, ao seu xuízo, debía coñecer o contido do informe técnico. “Se os técnicos municipais conclúen que unha oferta non cumpre os mínimos esixidos e que é insuficiente para garantir o servizo, por que non foi excluída do proceso?”, preguntou.

O representante do PP advertiu de que permitir a continuidade dunha proposta nestas condicións pode afectar á cobertura e ao funcionamento dun servizo que cualificou de esencial para os barrios e as parroquias de Santiago. Segundo manifestou, o que está en xogo é a xestión dunha parte da actividade social e comunitaria da cidade.

En relación ás declaracións da alcaldesa, quen apuntou que a empresa podería cumprir o servizo e introducir melloras unha vez adxudicado o contrato, De la Fuente replicou que nesta fase do procedemento se avalía a oferta presentada e non posibles modificacións posteriores. “A oferta que presentou é claramente insuficiente”, insistiu, asegurando que así o recollen os informes técnicos municipais.

CONTEXTO DA SITUACIÓN DOS CENTROS SOCIOCULTURAIS

Durante a súa intervención, o concelleiro popular enmarcou esta cuestión nun contexto máis amplo da xestión dos Centros Socioculturais no actual mandato. Segundo explicou, producíronse atrasos na tramitación dos novos contratos e prórrogas que, ao seu entender, prolongaron unha situación de inestabilidade.

De la Fuente fixo referencia tamén á situación laboral do persoal vinculado ao servizo, sinalando que nos últimos meses se rexistraron atrasos no pagamento de nóminas, suspensión de actividades e, recentemente, a interrupción da continuidade do servizo por parte da anterior empresa concesionaria. Indicou que algúns traballadores, tras o anuncio da suspensión, aínda non dispoñen da documentación necesaria para tramitar prestacións por desemprego.

O edil concluíu reclamando “transparencia e responsabilidade política inmediata” por parte do Goberno local e instando ao executivo a aclarar os criterios seguidos para manter no procedemento unha oferta que, segundo reiterou, foi cualificada de insuficiente polos técnicos municipais.

ÚLTIMAS

Mil persoas participan na oitava edición da carreira lúdica ‘Holi Gaiás’

Ao redor de mil persoas participaron este sábado na oitava edición da carreira lúdica...

Un sinistro con catro coches deixa dous feridos en Compostela

Dúas persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas ao hospital tras un accidente...

O Concello presiona a adxudicataria para reactivar as obras da rúa García Lorca

O Concello de Santiago manterá a presión sobre a empresa responsable das obras da...

Detido por tres agresións sexuais cometidas no mesmo día no Milladoiro

A Garda Civil do Posto Principal de Milladoiro-Ames detivo a un home, de 45...

O Concello presiona a adxudicataria para reactivar as obras da rúa García Lorca

O Concello de Santiago manterá a presión sobre a empresa responsable das obras da...

O PSOE acusa o Goberno local de presentar un plan de vivenda sen medidas concretas para aumentar a oferta residencial

A concelleira socialista Marta Abal cuestionou este mércores o contido do Plan de medidas...

O PP defende que Santiago aproveite a relación con Portugal para atraer talento e investimento

O PP de Santiago defendeu a necesidade de reforzar a dimensión internacional da capital...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here