InicioDEPORTESO Concello culmina a reforma integral do pavillón e da piscina de...

O Concello culmina a reforma integral do pavillón e da piscina de Santa Isabel cun investimento de 2,6 millóns de euros

A intervención mellora a eficiencia enerxética, a accesibilidade e abre un novo acceso desde a praza para integrar o complexo no tecido urbano

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago presentou este martes a reforma integral do pavillón municipal de Santa Isabel e da piscina anexa, nunha visita ás instalacións na que participaron a alcaldesa, Goretti Sanmartín, o concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, e a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, xunto co equipo técnico responsable da actuación.

A intervención foi financiada con cargo aos fondos PIREP e supuxo un investimento superior aos 2.600.000 euros, destinados principalmente á mellora da envolvente enerxética, á adaptación da accesibilidade e a traballos de conservación nun edificio considerado de referencia para o deporte municipal.

Segundo explicou o técnico director da obra, a actuación permitiu abordar “intervencións moi necesarias que encaixaron perfectamente no obxectivo desa subvención”, centrada na mellora das envolventes e na adaptación dos espazos. Neste sentido, detallou que se renovaron completamente as cubertas tanto do pavillón como da piscina, incorporando illamentos e materiais adaptados ao entorno. Tamén se substituíron as carpinterías, ventás e óculos, “respectando o deseño orixinal”.

No ámbito da eficiencia enerxética, a piscina experimentou unha renovación integral das súas instalacións. O técnico indicou que se modificou a climatización, instalouse unha nova deshumidificadora e actualizouse a produción de auga quente sanitaria. Ademais, colocouse unha batería de paneis solares fotovoltaicos que multiplica de maneira significativa a capacidade previa de xeración.

NOVO ACCESO E ELIMINACIÓN DE BARREIRAS

Un dos cambios máis visibles é a creación dunha nova entrada desde a praza, que substitúe o antigo acceso situado no extremo oposto do edificio. A fachada, anteriormente opaca, transformouse nun espazo acristalado que permite a conexión visual co exterior e mellora a relación co entorno urbano.

“O que fixemos foi aproveitar esta posibilidade para facer un novo acceso de cara á cidade”, explicou o técnico, quen subliñou que se eliminaron as barreiras arquitectónicas mediante a instalación dun ascensor que comunica os distintos niveis, así como novos aseos e vestiarios adaptados. O espazo interior incorpora tamén unha zona diáfana destinada á reunión e á socialización, con servizos complementarios para eventos deportivos.

A alcaldesa destacou que a actuación supón “un antes e un despois” para estas instalacións municipais e incidiu en que “o máis importante de todas estas obras son, por un lado, todo o que ten que ver con eficiencia enerxética e, aparte diso, con obras de accesibilidade”. Sanmartín sinalou que o obxectivo foi “facer unha integración máis importante do pavillón no conxunto da cidade”, de modo que a praza principal de acceso gañe actividade e vitalidade.

CONSERVACIÓN ESTRUTURAL E RENOVACIÓN DA PISCINA

Xunto ás melloras visibles, a intervención incluíu actuacións de conservación estrutural. No pavillón procedeuse ao lixado e pintado da estrutura metálica que soporta a cuberta, un traballo que, segundo o técnico, “pode pasar un pouco desapercibido, pero ten unha importancia relevante para a estrutura”.

Na piscina acometeuse a reposición completa dos revestimentos, incluíndo a cerámica do vaso, das praias e do perímetro. As obras completan así unha renovación integral do complexo deportivo.

A alcaldesa avanzou que, tras a visita, queda pendente a recepción oficial das obras, prevista para as próximas semanas. Unha vez formalizado este trámite, o Concello prevé a apertura das instalacións ao público.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Santiago homenaxea a Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo coa Selección Española

O futbolista Borja Iglesias regresou este luns á súa cidade natal como campión do...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here