InicioPOLÍTICAPatricia Iglesias afirma que "non é o momento" de falar de candidaturas...

Patricia Iglesias afirma que “non é o momento” de falar de candidaturas do PSdeG en Santiago e chama a centrarse no “proxecto colectivo”

A deputada socialista evita pronunciarse sobre nomes e aposta por reforzar un proxecto progresista fronte á extrema dereita

Publicado o

Xornal de Compostela

A deputada do PSdeG no Parlamento galego, Patricia Iglesias, asegurou que “non é o momento” de abordar nomes concretos para a candidatura socialista en Santiago de Compostela e insistiu na necesidade de priorizar o “proxecto colectivo” por riba das persoas.

Preguntada sobre se o partido mantivo conversacións con ela en relación á posible candidatura, Iglesias respondeu: “Non é unha pregunta que… Evidentemente, non é o momento. Sempre se falou de proxecto colectivo”. A deputada evitou así concretar calquera movemento interno, reiterando que o foco debe estar na construción dunha alternativa común.

Iglesias explicou que a súa entrada na política activa responde á convicción de que é preciso “dar a cara” no actual contexto político, ao que se referiu como un escenario no que medran forzas de extrema dereita e discursos que cualificou de “negacionismos”. Neste marco, defendeu que “o Partido Socialista ten que ser un muro de contención” e subliñou que en Santiago existen “moitas persoas que poden contribuír a ese proxecto colectivo”.

En clave local, a deputada tamén cuestionou a xestión do actual goberno municipal encabezado pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, á que acusou de “inacción”. Iglesias reiterou a necesidade de “traballar por ese proxecto progresista”, insistindo en que a prioridade debe estar “non” nas persoas, senón en “o equipo”, que cualificou como “o máis importante”.

As declaracións prodúcense nun momento no que as distintas formacións políticas comezan a posicionarse de cara aos vindeiros comicios municipais en Santiago, aínda que dende o PSdeG se insiste en que o debate interno debe centrarse, polo de agora, na definición do rumbo político e organizativo.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...