InicioSANTIAGOAbertas as urnas electrónicas para elexir reitora na USC: onde e como...

Abertas as urnas electrónicas para elexir reitora na USC: onde e como votar?

A comunidade universitaria poderá votar entre as 09:00 e as 18:00 a través da plataforma oficial

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela vén de activar o proceso de votación electrónica para a elección da nova reitora da institución académica. As urnas dixitais permanecerán abertas entre as 09:00 e as 18:00, segundo a comunicación remitida pola secretaría xeral da universidade.

O sistema permitirá emitir o voto a través da plataforma habilitada pola universidade, accesible desde o enderezo https://aplicacions.usc.es/axe/publica, empregando as credenciais persoais de cada membro do censo. A institución lembra que o acceso debe realizarse con identificación individual para garantir a validez do proceso.

Durante a xornada electoral, facilitaranse avances de participación en dous momentos concretos do día: ás 12:00 e ás 16:00. Estes datos poderán consultarse na páxina oficial destinada ao seguimento das eleccións. Unha vez concluído o horario de votación e rematado o escrutinio, os resultados finais publicaranse na web institucional da USC.

No caso de producirse incidencias técnicas ou dúbidas relacionadas co procedemento, a universidade habilitou o correo electrónico evoto@usc.es para a súa comunicación ao longo de toda a xornada.

As eleccións a reitora constitúe un dos procesos centrais no calendario institucional da USC, xa que determinará a dirección académica e estratéxica da universidade nos próximos anos.

ELECCIÓNS AO CLAUSTRO UNIVERSITARIO

Coincidindo coa votación para a reitoría, tamén se celebran as eleccións de representantes no Claustro Universitario, órgano de representación da comunidade académica. Este proceso forma parte da renovación dos cargos internos da universidade e desenvólvese igualmente mediante o sistema de voto electrónico habilitado para a xornada DE HOXE.

O Claustro é o máximo órgano de representación da USC, é elixido cada catro anos e nel están presentes os distintos sectores da comunidade universitaria, incluíndo persoal docente e investigador, estudantado e persoal técnico, de xestión e administración e servizos.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here