InicioSOCIEDADERosa Crujeiras aparta a Luis Míguez da súa candidatura por comentarios "homófobos"...

Rosa Crujeiras aparta a Luis Míguez da súa candidatura por comentarios “homófobos” de hai 20 anos

Publicado o

Xornal de Compostela

A candidata a reitora da USC Rosa Crujeiras anunciou este martes que o catedrático Luís Míguez xa non formará parte da súa candidatura. Fíxoo a través da súa conta na rede social Instagram, onde subliñou que é ela “quen lidera e quen dirixe este proxecto”.

“Como parte dun equipo que quere avanzar cara a unha USC feminista, inclusiva e comprometida. Agora falemos de programas...”, concluíu. Todo iso despois de que o sindicato estudantil Fervenza e estudantes da USC –que crearon unha conta na rede social Instagram para informar o proceso electoral– fixéronse eco do contido dun blogue persoal de Míguez.

Segundo detallou o sindicato, o antigo decano da facultade de Dereito referíase no ano 2006 ao matrimonio homosexual como “un plan” do presidente Zapatero para “afundir a España no ridículo e no descrédito mundial”. A maiores, acusouno de difundir na época do bipartito que en Galicia existía unha “intolerable imposición lingüística“, discursos que “non poden ter cabida nas institucións educativas”, afeou Fervenza.

Pola súa banda, os estudantes referíronse a “un patrón reiterado de discursos excluíntes, con expresións homófobas, contrarias a dereitos fundamentais e incompatibles cos valores da universidade pública”. Con todo, Crujeiras insistiu en que “non o comparte” e asegurou que Míguez xa non formaría parte do seu equipo.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...