InicioSANTIAGOInvestigadores da USC denuncian limitacións "ilegais" nas axudas posdoutorais da Xunta

Investigadores da USC denuncian limitacións “ilegais” nas axudas posdoutorais da Xunta

Dous científicos acusan á universidade de impoñer unilateralmente unha única candidatura por área, mentres a institución afirma agora que se poderán presentar todas as propostas.

Publicado o

Xornal de Compostela

Dous investigadores da Universidade de Santiago de Compostela acusaron á institución de “impor unilateralmente” un límite dunha única candidatura por área de coñecemento nas axudas para a etapa de formación posdoutoral da Xunta. Os afectados cualificaron esta situación como “grave, irregular e potencialmente ilegal” nunha queixa difundida aos medios de comunicación.

Segundo explicaron os investigadores, nesta convocatoria concorren as universidades públicas de Galicia, “pero só a de Santiago establece un límite de candidaturas que poden presentar”, advertindo ademais de que “non é a primeira vez que pasa”. A Xunta convocou estas axudas en réxime de concorrencia competitiva, e a normativa da convocatoria non establece ningún límite no número de solicitudes que unha entidade poida presentar, nin por institución nin por área de coñecemento.

“A pesar disto, a USC comunicou internamente que imporía unilateralmente un límite dunha única candidatura por área de coñecemento, restrinxindo a presentación de solicitudes e deixando fóra potenciais candidatos que cumprían os requisitos legais e científicos”, denunciaron. Lamentaron que esta decisión vulnera os principios de igualdade, mérito e capacidade e supón unha restrición non prevista nas bases da Xunta, o que afecta directamente a investigadores en situación de “alta precariedade laboral e dependencia”.

POSTURA DA USC

Pola súa banda, fontes da USC anunciaron que todas as persoas interesadas poderán propor a súa candidatura polas áreas de coñecemento que consideren oportunas, polo que finalmente non existiría esa limitación dunha soa candidatura. “Tal prelación será remitida á subárea de convocatorias e programas de recursos humanos polos departamentos e as áreas de coñecemento deberán establecer unha orde priorizada das candidaturas presentadas”, debullaron.

Con todo, subliñaron que o criterio xeral da Universidade é presentar unha candidatura por área “sen prexuízo de que á vista do número de candidaturas presentadas e das áreas afectadas se poidan seleccionar máis dunha candidatura“. Así mesmo, insistiron en que tamén se terá en conta o currículo das candidaturas, tentando presentar todas aquelas que conten con méritos destacados.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...