InicioMOV. SOCIAISSOS Sanidade Pública marchará hoxe para denunciar os colapsos da sanidade galega

SOS Sanidade Pública marchará hoxe para denunciar os colapsos da sanidade galega

A mobilización partirá da Alameda este domingo e rematará no Obradoiro cun acto final e actuacións musicais

Publicado o

Xornal de Compostela

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración este domingo en Santiago de Compostela para denunciar os que cualifica como “continuos colapsos” da sanidade pública galega. A mobilización desenvolverase baixo o lema ‘Mobilízate para defender o teu dereito á saúde’ e está chamada a percorrer o centro da cidade ata a Praza do Obradoiro.

Segundo avanzou a organización, a manifestación sairá da Alameda e continuará por varias rúas compostelás ata rematar no Obradoiro, onde se procederá á lectura dos manifestos. O acto contará tamén cunha vertente cultural, coa participación da actriz e humorista Isabel Risco e coa actuación musical do grupo De Ninghures.

Nun comunicado difundido pola plataforma convocante, SOS Sanidade Pública sinala que a situación actual do sistema sanitario galego responde a un proceso de “destrución e privatización”, que atribúe ás políticas do Partido Popular en Galicia. Neste contexto, a organización advirte de que “ou nos mobilizamos ou o sistema seguirá colapsado e en permanente destrución”.

Entre os principais problemas que motivan a convocatoria, a plataforma destaca as listas de espera “interminables”, o acceso “imposible” aos centros de saúde e aos PAC, o colapso dos servizos de urxencias hospitalarios, así como a falta de profesionais e de recursos no conxunto do sistema público.

A mobilización foi presentada tamén ante o centro de saúde de Barreiros, na provincia de Lugo, onde se anunciou a organización de autobuses para facilitar o desprazamento da veciñanza ata Santiago de Compostela.

No plano político, a convocatoria conta co apoio de varias formacións. O PSdeG confirmou que acudirá á manifestación cunha delegación encabezada polo seu secretario xeral en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro. Tamén Esquerda Unida expresou o seu respaldo á protesta e animou á cidadanía a participar, mentres que Movemento Sumar Galicia anunciou a presenza do seu secretario xeral, Paulo Carlos López, na cabeceira da marcha.

ÚLTIMAS

O PP acusa o goberno local de “abandono” no rural de Santiago tras case tres anos de mandato

A concelleira do Partido Popular en Santiago, Nerea Barcia, compareceu este martes en rolda...

Santiago acolle este sábado o 26º Duatlón Cidade de Santiago con preto de 600 participantes

O Concello de Santiago presentou unha nova edición do Duatlón Cidade de Santiago, que...

Marta Abal reclama medidas urxentes ante a crise da vivenda en Santiago e aposta por mobilizar inmobles baleiros

A concelleira do Grupo Municipal Socialista, Marta Abal, advertiu da gravidade da situación de...

TK Elevator recibe un premio internacional polo seu proxecto na estación intermodal de Santiago

A empresa TK Elevator foi distinguida como Mellor Proxecto do Ano 2026 na categoría...

O estudantado da USC convoca folga o 28 de abril para reclamar melloras no ensino público

O movemento estudantil da Universidade de Santiago de Compostela anunciou a convocatoria dunha folga...

O Concello reforza a atención á migración ante o aumento de solicitudes de regularización

O Concello de Santiago, a través do departamento de Dereitos e Servizos Sociais, decidiu...