InicioOPINIÓNPor que nos manifestamos o 1 de febreiro do 2026?

OPINIÓN

Por que nos manifestamos o 1 de febreiro do 2026?

Publicado o

Por Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
O Doutor Xosé Mª Dios Diz é Médico especialista de AP do concello coruñés de Outes. Ten 36 anos de experiencia e é voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela

O 1 de febreiro do 2026, a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, chama a cidadanía galega a unha nova Manifestación, con saída dende a Alameda de Compostela, ata a Praza do Obradoiro. O lema será: “Mobilízate para defender o teu dereito a saúde”. Unha vez máis e valorando que cada ano a asistencia sanitaria que temos empeora, chegando en algúns casos a non dispoñer de persoal para ser atendidos, consideramos que debemos dicirlle, alto e claro, o PP de Galicia o que pensamos. A Sanidade Real, non é dende logo a que nos venden. A Xunta de Galicia, en mans do PP, debe saber que nunca xamais, a poboación galega renderase diante de tanta inxustiza. Queremos, dende o berro na rúa, frear a destrucción, desmantelamento e privatización do Sistema Sanitario Público Galego.

Denunciamos, listas de agarda interminables, acceso imposible ós Centros de Saúde e PACs, colapso dos Servizos de Urxencias dos Hospitais, falta de profesionais e recursos, Hospitais Comarcais desmantelados, desviación de miles de pacientes e cartos aos hospitais privados, crecemento exponencial dos seguros privados, que non cubren a maior parte das enfermidades, poñemos de manifesto a perversa política sanitaria da Xunta do PP que so beneficia, cos impostos de todos e todas nós, á sanidade privada, tanto aos hospitais privados, como ás empresas multinacionais, ós fondos de inversión, ós laboratorios farmacéuticos, ás empresas que fabrican equipos tecnolóxicos, a profesionais corruptos, etc.

Reclamamos un acceso libre e razoable a Atención Primaria, poñer fin ás interminables listas de agarda e rematar co seu ocultamento (listas de agarda non estructurais: “xa lle chamaremos”…), eliminar a dobre colexiación dos médicos, que permite traballar na Pública e na privada e que so leva á corrupción sistémica, non máis de 30 persoas por consulta, cumprimento das 35 horas semanais, pactado no ano 2023 e non cumprido polo PP, volver a ter as Xerencias de Atención Primaria nos lugares onde o PP as quitou, aumentar o orzamento da AP ó 25% como dí a OMS, posibilitar a participación cidadá na toma de decisións poñendo en marcha o Consello de Saúde de Galicia e os Consellos de Saúde de Área Sanitaria, incorporar as conclusións do Consello Técnico de AP de Galicia que levaría a que teñamos un Novo Modelo de AP, etc.

O PP ten un mantra; “non temos Médicxs” e con ísto, pretende xustificar o inxustificable: Galiza, ten a potestade de convocar prazas en función das que sexan necesarias, e o fixo: convocou 276 e presentáronse 530 licenciadxs (sería para empezar a traballar o día seguinte). Pois ben: vemos que o PP deixa fora a 254 médicxs que tamén podría contratar e non o fai. Pero hai máis responsables: na convocatoria MIR de 2026 (féita polo PSOE e SUMAR) ofertan 9.276 prazas (record un ano máis) e preséntanse 16.763. O Sistema, déixa fora a 7.487 licenciadxs en Medicina y Cirugía que podrían tamén contratar. Logo: por que non o fan? Non é certo que non teñamos médicxs, si non que as condicións laborais, a inestabilidade e a precariedade, son tan evidentes, que os profesionais non queren esas prazas. O sr. Rueda e o Conselleiro de Sanidade, si traballasen na privada, serían despedidos de forma fulminante polo colapso do Sistema Sanitario Público Galego: Urxencias, PACs, AP, Atención Hospitalaria. A súa incompetencia (ou non, si o que queren é beneficiar a privada…) é manifesta, e a cidadanía sufre as consecuencias!

Temos a vista unha nova folga de médicxs. Como dicía Julio Cesar: “divide et impera”. A CIG, sindicato maioritario na sanidade non a convoca. A convocan os sindicatos clasistas para ter un Estatuto Marco, propio, o marxen dos outros profesionais do Sistema. Isto é inaceptable. Non podemos permitir que o PP despois de darlles a dobre colexiación en Galicia, veña agora o PSOE e lles conceda uns privilexios que non lles dá, aos outros estamentos do Sistema Sanitario.

Utilicemos a forza da rúa para dicirlles aos responsables sanitarios, que ca Sanidade Pública non se xoga e que estamos dispostos a defendela, da xente que so pensa na rendabilidade económica, deixando de lado o ben máis preciado que temos: a nosa saúde!

TODOS E TODAS Á RÚA O 1 DE FEBREIRO EN COMPOSTELA, POIS A MOBILIZACIÓN SERÁ A QUE DEFENDA O TEU DEREITO Á SAÚDE!

ÚLTIMAS

Rosa Crujeiras aparta a Luis Míguez da súa candidatura por comentarios “homófobos” de hai 20 anos

A candidata a reitora da USC Rosa Crujeiras anunciou este martes que o catedrático...

Pacientes e traballadores denuncian deficiencias no transporte sanitario do CHUS e reclaman a súa desprivatización

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS e o comité de empresa da...

Investigadores da USC denuncian limitacións “ilegais” nas axudas posdoutorais da Xunta

Dous investigadores da Universidade de Santiago de Compostela acusaron á institución de "impor unilateralmente"...

A Xunta reclama axilidade ao Concello para avanzar na vivenda protexida de Compostela

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta, María Martínez Allegue, pediu...

Listas de espera e abandono nos servizos sociais de Santiago

Salvador Blanco Turnes Seis meses de espera para conseguir unha primeira cita cunha asistenta social...

Nostalxia cultural

Ides desculpar que comece cun momento nostálxico. Eu fun universitario no Santiago dos concertos...

Para cambiar Galicia hai que ter paciencia… e o traxe de austronauta posto

En Galicia levamos anos vendo cousas que dan moita rabia: tramas urbanísticas, contratos raros,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here