InicioCULTURALola Índigo, Afrojack, Guitarricadelafuente ou Ortiga, algúns dos artistas que completan o...

Lola Índigo, Afrojack, Guitarricadelafuente ou Ortiga, algúns dos artistas que completan o cartel do Son do Camiño 2026

O festival do Monte do Gozo suma artistas internacionais, estatais e galegos a un programa que xa rozou o esgotamento total dos abonos dende o primeiro avance

Publicado o

Xornal de Compostela

O festival O Son Do Camiño avanza cara a un novo sold out logo de presentar unha nova remesa de artistas para a súa edición de 2026, que se celebrará no Monte do Gozo. O evento, que dende a súa estrea en 2018 esgotou todos os abonos postos á venda, volve situarse preto de completar o seu aforo tras este último anuncio.

Hai uns meses, o festival dera a coñecer os primeiros nomes do cartel, entre os que figuraban Linkin Park, Katy Perry e Dani Martín, un avance que reforzou a proxección internacional da cita musical compostelá. Co novo anuncio, a organización incorpora unha ampla relación de artistas internacionais, estatais e galegos que completan a programación dos escenarios principais.

Cartel completo do Son do Camiño 2026 – O Son do Camiño

Entre os nomes destacados figura Lola Índigo, que chegará a Santiago cun espectáculo centrado no pop actual e nunha posta en escena coreografada. O cartel inclúe tamén a banda escocesa Biffy Clyro e o grupo estadounidense Hoobastank, ambos con traxectorias consolidadas no ámbito do rock alternativo.

No apartado da electrónica, destaca a presenza de Afrojack, produtor neerlandés galardoado cun premio Grammy, que ofrecerá unha sesión centrada nos grandes éxitos da electrónica internacional. Xunto a el actuará The Bloody Beetroots en formato DJ set.

A programación inclúe tamén propostas do panorama estatal como Guitarricadelafuente, Sexy Zebras, Leire Martínez ou Niña Polaca, así como artistas urbanos como MVRK.

A presenza galega volve ter un peso destacado coa participación de Sen Senra e Carlos Ares, aos que se suman Ortiga, Carlangas, D Valentino, Sarria ou Habló Pablo, entre outros.

A electrónica contará cun espazo específico en SON Electro Repsol, onde actuarán artistas internacionais como Jimi Jules, Patrick Mason xunto a HAAi en formato back to back, DJ Gigola ou Héctor Oaks. A escena estatal e galega estará representada, entre outras propostas, por Bárbara Lago, Aida Blanco e Caste.

O festival volverá celebrarse no Monte do Gozo, nunha edición impulsada pola Xunta de Galicia a través de Concertos do Xacobeo, coa previsión de superar os seus propios rexistros de asistencia e impacto internacional. A organización confirmou tamén a continuidade de Repsol como socio enerxético, coa utilización de combustible renovable para a subministración eléctrica dos escenarios.

Dende a súa primeira edición, O Son Do Camiño consolidouse como unha das principais citas musicais do calendario estatal, cun proxecto producido polas promotoras galegas Esmerarte Industrias Creativas e Bring The Noise, e cunha programación que combina artistas de referencia internacional con propostas emerxentes e galegas.

ÚLTIMAS

Saleta Chao toma posesión como concelleira de Facenda de Santiago

Saleta Chao Rivas (BNG) incorpórase dende hoxe á Corporación municipal de Santiago de Compostela...

O pleno aproba unha moción do PP para reforzar o control do servizo de axuda no fogar e mellorar as condicións das traballadoras

O Pleno do Concello aprobou este luns unha proposición presentada polo Partido Popular para...

O PSdeG denuncia que dous alumnos do CEE A Barcia non poden asistir ás clases por falta de transporte adaptado

O secretario xeral do PSdeG en Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, denunciou este...

As non adscritas apoian a ILP Lingua Vital e levarán ao Pleno de Santiago unha moción para defender o galego

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago formalizaron o seu apoio á Iniciativa Lexislativa...

Cineuropa celebra os seus 40 anos en Santiago con máis de 150 películas, retrospectivas e homenaxes ao cinema internacional e galego

O festival Cineuropa cumprirá 40 edicións cunha programación de máis de 150 películas repartidas...

O loito polo accidente de Urda obriga a aprazar o concerto de Kid Mount en Santiago: que pasará coas entradas?

O Concello de Santiago decidiu aprazar o concerto de Kid Mount previsto para este...

Clara Cantore presenta en Santiago ‘Regreso’, un disco que une as raíces musicais arxentinas e galegas

A cantante e compositora Clara Cantore presentará este venres, 30 de outubro, en Santiago...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here