InicioPOLÍTICAO PSdeG de Santiago reclama a creación dun Banco Público Municipal de...

O PSdeG de Santiago reclama a creación dun Banco Público Municipal de Alugueiro para mobilizar vivendas baleiras

Aitor Bouza insta ao Goberno local e á Xunta de Galicia a aplicar medidas inmediatas fronte ao aumento da demanda de vivenda pública en Compostela

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral do PSdeG en Santiago, Aitor Bouza, reclamou este venres a posta en marcha dun Banco Público Municipal de Alugueiro como ferramenta para mobilizar as vivendas baleiras existentes na cidade e dar resposta á crecente demanda de vivenda. Fíxoo nunha rolda de prensa centrada nun asunto que cualificou de ámbito municipal e autonómico, no marco do debate sobre as políticas públicas de vivenda.

Bouza explicou que a proposta socialista pasa pola creación dunha bolsa de alugueiro público, tamén denominada banco público ou bolsa de vivendas baleiras, coa finalidade de incorporar inmobles desocupados ao mercado a prezos accesibles. Segundo indicou, trátase dunha medida que xa se está a impulsar noutras cidades galegas como Lugo e que o PSdeG propón tamén para Santiago, coincidindo coa presentación das súas achegas aos orzamentos municipais de 2026.

O dirixente socialista amosou a súa sorpresa pola falta de apoio á iniciativa no Parlamento Galego, onde foi debatida e votada recentemente. En particular, referiuse á posición do BNG, tanto na intervención como no sentido do voto, ao considerar que a proposta encaixa cos compromisos recollidos no programa electoral da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, nos que se contemplaba a esixencia á Xunta de Galicia da creación dun banco galego de vivenda.

Neste contexto, Bouza pediu ao Goberno municipal que active de maneira directa un banco público de alugueiro no ámbito local e que, ao mesmo tempo, reclame á Xunta a implantación dun instrumento similar a nivel autonómico. Segundo sinalou, esta esixencia debería trasladarse ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para cumprir cos compromisos electorais asumidos.

Durante a súa intervención, o secretario xeral do PSdeG de Santiago criticou as políticas actuais da Xunta en materia de vivenda baleira, en referencia ao programa Fogar Vivo. Segundo expuxo, os datos feitos públicos indican que esta iniciativa apenas permitiu mobilizar 239 vivendas nun contexto no que existen arredor de 500.000 vivendas baleiras en Galicia. Bouza considerou insuficientes as axudas previstas, centradas en achegas de ata 6.000 euros para reformas ou seguros de impago, para afrontar o problema estrutural do acceso á vivenda.

Tamén cargou contra o Partido Popular e contra o seu portavoz en Santiago, Borja Verea, polo voto en contra ás propostas socialistas, cuestionando cales son as alternativas que ofrece o PP fronte a unha situación que cualificou de urxente. Fronte a iso, defendeu que o banco público permitiría limitar os prezos do alugueiro ata un máximo do 30% do prezo medio e contar cunha dotación orzamentaria de 45 millóns de euros.

Bouza apoiou as súas afirmacións nos datos oficiais sobre a evolución da demanda de vivenda pública. En Santiago de Compostela, indicou, o número de solicitudes incrementouse un 45% no último ano, con preto de 600 persoas máis rexistradas en só doce meses. A nivel galego, engadiu, a cifra de demandantes supera xa as 28.400 persoas, fronte ás 22.000 contabilizadas meses atrás.

“AS PERSOAS NON SON MERCADORÍAS”

Noutro orde de cousas e preguntado por Xornal de Compostela sobre o novo decreto do goberno para recoñecer a cidadanía a persoas estranxeiras, o secretario xeral do PSdeG amosou o seu respaldo a esta medida estatal, defendendo que “as persoas non son mercadorías” e que a prioridade debe ser o respecto aos dereitos humanos, unha posición que vinculou co apoio do seu partido ao Goberno de Pedro Sánchez. Tamén criticou o voto en contra dos deputados galegos do PP á suba das pensións, ao considerar que supón unha falta de compromiso cos pensionistas.

ÚLTIMAS

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

O Atardecer no Gaiás reúne 15.000 persoas e pecha a súa segunda edición con máis público

O ciclo Atardecer no Gaiás congregou 15.000 persoas na súa edición de 2026, segundo...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

Rosón esixe ao Concello toda a documentación sobre Fly2Galicia e acusa o goberno de non revisar a operativa

A concelleira non adscrita de Santiago Mercedes Rosón reclamou ao goberno municipal que faga...

Verea tira de ironía ante o choque no bipartito pola polémica de Fly2Galicia: “Que pasa, bro?”

Compostela Aberta (CA), socio do BNG no Goberno municipal de Santiago, expresou este venres...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here