InicioPOLÍTICAAs non adscritas propoñen crear un programa municipal estable de saúde mental...

As non adscritas propoñen crear un programa municipal estable de saúde mental en Santiago

As concelleiras e concelleiros sen adscrición reclaman medidas de prevención e educación emocional e cuestionan ao goberno local polos compromisos orzamentarios de 2025

Publicado o

Xornal de Compostela

Os edís non adscritos no Concello de Santiago presentaron este mércores unha proposta para impulsar axudas baseadas na divulgación e na educación emocional co obxectivo de abordar os problemas de saúde mental na cidade mediante a creación dun programa municipal estable.

A edila Marta Álvarez anunciou que no pleno deste xoves formulará unha pregunta ao goberno local para coñecer cales son as liñas de actuación recollidas nos orzamentos municipais de 2025 en materia de saúde mental. Segundo explicou, resulta necesario previr factores de risco como a soidade ou os hábitos non saudables, aos que vinculou parte das situacións detectadas no ámbito local.

Álvarez cualificou a proposta de urxente e advertiu da existencia de intentos de autolesión de carácter semanal, subliñando que afectan a persoas cada vez máis novas. Nese contexto, puxo o foco tamén na soidade non desexada, que —segundo indicou— non é exclusiva da poboación maior, senón que incide en un de cada catro mozos.

Nun comunicado conxunto, as non adscritas defenderon a necesidade de afrontar a saúde mental desde a educación emocional e reclamaron ao executivo que encabeza Goretti Sanmartín unha maior implicación institucional para garantir o acceso efectivo aos recursos das persoas en situación de precariedade.

CAMPO DE FÚTBOL DE VILLESTRO

Noutra orde de asuntos, o edil Gonzalo Muíños criticou ao PSOE e á concelleira Marta Abal por, ao seu xuízo, atribuírse o acordo para a renovación do céspede do campo de fútbol de Villestro. Muíños afirmou que, inicialmente, desde o PSOE se sinalou que o acordo non os comprometía e que agora pretenden presentar a actuación como unha iniciativa propia.

Segundo recolle o comunicado dos non adscritos, Muíños reclamou xa en novembro de 2023 a renovación do céspede, interesándose polo estado das instalacións deportivas e establecendo como condición innegociable a reparación do terreo de xogo para avanzar en calquera acordo.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...