InicioPOLÍTICAUCIN Santiago propón crear a figura do Axente Cívico para mellorar a...

UCIN Santiago propón crear a figura do Axente Cívico para mellorar a convivencia nos períodos de maior presión turística

A formación política defende un modelo baseado na prevención, a información e a mediación fronte ao incremento de visitantes en datas clave como Semana Santa, verán e Ano Xacobeo

Publicado o

Xornal de Compostela

UCIN Santiago vén de defender a creación da figura do Axente Cívico como unha medida preventiva orientada a mellorar a convivencia cidadá, ofrecer información ás persoas visitantes e coidar o espazo público durante os períodos de maior afluencia turística en Santiago de Compostela.

Segundo explica a formación, en momentos como a Semana Santa, o verán ou os Anos Xacobeos rexístranse situacións de saturación, desinformación e pequenos conflitos de convivencia que non sempre atopan resposta eficaz unicamente a través de sancións. Neste contexto, UCIN aposta por un modelo alternativo que poña o acento na educación, a prevención e a mediación como ferramentas principais.

A proposta contempla que os Axentes Cívicos desenvolvan funcións centradas en orientar ás persoas visitantes sobre as normas básicas de convivencia e o uso do espazo público, previr comportamentos incívicos mediante unha presenza activa baseada no diálogo e a proximidade, así como actuar como mediadores entre a veciñanza, o turismo e o comercio local. Ao mesmo tempo, esta figura contribuiría a reforzar a imaxe dunha cidade acolledora e respectuosa, afastada dun enfoque exclusivamente represivo.

Desde UCIN Santiago sinalan que estes profesionais deberían contar con formación específica en atención ao público, idiomas, patrimonio e convivencia urbana, e que a súa actividade se concentraría nas zonas da cidade con maior presenza de visitantes. O obxectivo sería actuar de maneira anticipada ante posibles conflitos e facilitar información útil tanto a turistas como á cidadanía.

“Non se trata de multar máis, senón de explicar mellor. A educación e a información funcionan mellor ca a sanción cando falamos de convivencia”, indican desde a formación política.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here