InicioCULTURABodegas Lodeiros logra tres pratas no International Wine Challenge na cuarta edición...

Bodegas Lodeiros logra tres pratas no International Wine Challenge na cuarta edición de Galicia Avanza

A adega compostelá é a única marca de vermú recoñecida no certame londiniense e participa no programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas innovadoras

Publicado o

Xornal de Compostela

O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas innovadoras e/ou de base tecnolóxica ‘Galicia Avanza’ afronta a súa cuarta edición coa selección de 30 empresas de toda a comunidade. A iniciativa xorde da colaboración entre a Consellería de Economía e Industria, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole, entidade responsable da súa xestión e coordinación.

Durante os últimos meses, as empresas participantes desenvolveron un programa integral de apoio á internacionalización, con itinerarios personalizados adaptados ás necesidades de cada proxecto. Entre as compañías seleccionadas atópase Bodegas Lodeiros, unha adega con sede en Santiago de Compostela, dedicada á elaboración artesanal de vermú galego premium.

No marco deste proceso, a adega vén de acadar un recoñecemento internacional no International Wine Challenge 2026, un dos concursos máis prestixiosos do sector que se celebra en Londres e no que expertos de distintos países avalían, mediante catas a cegas, referencias procedentes de máis de 50 estados. Os vermús de Bodegas Lodeiros obtiveron tres medallas de prata, sendo ademais a única marca de vermú premiada nesta edición.

O vermú mellor puntuado foi o vermello, con 94 puntos sobre 100, quedando a un punto do ouro. Tamén foron distinguidos o vermú vermello sen azucres engadidos, con 93 puntos, e o vermú branco, que alcanzou 90 puntos. Segundo explicou o CEO da empresa, Pablo Lodeiros, “este recoñecemento chega nun momento clave para Bodegas Lodeiros, que mantén o seu compromiso cunha elaboración ligada á identidade galega, combinando tradición e unha aposta sostida por prácticas responsables”. Engadiu que “esta distinción, recibida nunha contorna internacional tan esixente, supón un respaldo ao traballo do equipo e ao percorrido da marca no desenvolvemento de vermús con carácter propio”.

Dende a adega sinalan tamén que “a obtención destas medallas reforza o interese crecente polos vermús de calidade no panorama gastronómico actual”, un contexto no que a coctelería, o aperitivo e os produtos con orixe definida gañan presenza tanto na hostalaría como entre os consumidores.

TECNÓPOLE

O Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole é unha sociedade participada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía e Industria. Situado no concello ourensán de San Cibrao das Viñas, acumula máis de tres décadas de traxectoria impulsando a innovación, cun centenar de empresas tecnolóxicas e diversos centros de I+D. A entidade mantén un compromiso activo co desenvolvemento sustentable, a igualdade de xénero e a divulgación científica.

ÚLTIMAS

Saleta Chao toma posesión como concelleira de Facenda de Santiago

Saleta Chao Rivas (BNG) incorpórase dende hoxe á Corporación municipal de Santiago de Compostela...

O pleno aproba unha moción do PP para reforzar o control do servizo de axuda no fogar e mellorar as condicións das traballadoras

O Pleno do Concello aprobou este luns unha proposición presentada polo Partido Popular para...

O PSdeG denuncia que dous alumnos do CEE A Barcia non poden asistir ás clases por falta de transporte adaptado

O secretario xeral do PSdeG en Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, denunciou este...

As non adscritas apoian a ILP Lingua Vital e levarán ao Pleno de Santiago unha moción para defender o galego

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago formalizaron o seu apoio á Iniciativa Lexislativa...

Cineuropa celebra os seus 40 anos en Santiago con máis de 150 películas, retrospectivas e homenaxes ao cinema internacional e galego

O festival Cineuropa cumprirá 40 edicións cunha programación de máis de 150 películas repartidas...

O loito polo accidente de Urda obriga a aprazar o concerto de Kid Mount en Santiago: que pasará coas entradas?

O Concello de Santiago decidiu aprazar o concerto de Kid Mount previsto para este...

Clara Cantore presenta en Santiago ‘Regreso’, un disco que une as raíces musicais arxentinas e galegas

A cantante e compositora Clara Cantore presentará este venres, 30 de outubro, en Santiago...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here