InicioSANTIAGOO Concello recibe 22 propostas na primeira fase do concurso para transformar...

O Concello recibe 22 propostas na primeira fase do concurso para transformar o conector central

O proceso internacional de ideas entra agora na fase de avaliación por parte do xurado, que seleccionará cinco proxectos para continuar no procedemento

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago pechou a primeira fase do concurso internacional de ideas para a transformación do conector central, un ámbito estratéxico da cidade, cun total de 22 equipos participantes. O prazo para a presentación de propostas rematou o pasado 9 de xaneiro, segundo informou o goberno municipal.

O concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás, valorou positivamente a resposta acadada nesta fase inicial do proceso e destacou que “estamos moi contentos co nivel de participación”, en referencia á diversidade e ao interese xerado pola convocatoria a nivel internacional.

O concurso abrangue un ámbito de preto de 46.000 metros cadrados, situado nunha área clave da trama urbana compostelá. Desde o Concello sinalan que esta iniciativa permitirá definir a configuración urbana da cidade nas próximas décadas, ao abordar a reorganización dun espazo con forte impacto na mobilidade, nos usos urbanos e na relación entre distintos barrios de Santiago.

Tras o peche da fase de recepción de propostas, o procedemento entra agora no período de análise por parte do xurado. Este órgano está integrado por persoas expertas no ámbito da arquitectura e do urbanismo e está presidido polo arquitecto urbanista José María Ezquiaga. O seu cometido será seleccionar cinco propostas finalistas que pasarán á segunda fase do concurso.

Dende o executivo local subliñan que o proceso busca garantir calidade técnica e visión a longo prazo, co obxectivo de que o proxecto resultante contribúa a unha transformación sostible e coherente do espazo urbano central de Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here