InicioPOLÍTICAO PP de Santiago reanuda o espazo 'CompArte' cun coloquio con Borja...

O PP de Santiago reanuda o espazo ‘CompArte’ cun coloquio con Borja Verea e Miguel Tellado

Miguel Tellado e Borja Verea participaron nun acto na sede local do partido no que analizaron a situación política estatal e municipal e marcaron obxectivos electorais para os vindeiros meses

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago celebrou este xoves na súa sede compostelá un coloquio e mesa redonda baixo o título ‘Necesitamos gobernos útiles e decentes’, un acto que serviu para retomar as actividades do espazo ‘CompArte’, no que xa se desenvolveran encontros similares en etapas anteriores.

No encontro participaron o secretario xeral do PP, Miguel Tellado, e o presidente local da formación, Borja Verea, diante de militantes e simpatizantes do partido.

Na súa intervención, Tellado animou á organización a traballar para ofrecer á cidadanía unha “alternativa de esperanza” e defendeu que o PP é o “partido das propostas e non das protestas”. O dirixente popular apostou por transformar “o hastío, o hartazgo e o cabreo” dunha parte da poboación en “ilusión por cambiar as cousas”, nun proxecto que, segundo indicou, estaría liderado por un presidente “honesto” como Alberto Núñez Feijóo.

Tellado cualificou o actual exercicio político como un ano “decisivo” e asegurou que a lexislatura estatal se atopa “no final da partida”. Neste contexto, marcou como obxectivo para os próximos meses obter amplas vitorias electorais fronte ao PSOE en distintas comunidades autónomas, co fin de sentar as bases dun cambio político a nivel estatal e impulsar reformas en ámbitos como a vivenda, a fiscalidade ou o funcionamento das institucións.

Pola súa banda, Borja Verea centrou boa parte da súa intervención na situación política municipal en Santiago de Compostela. O presidente local do PP afirmou que a cidade necesita “gobernos útiles e decentes” e criticou o que cualificou como unha falta de eficacia na xestión actual do Concello. Segundo Verea, o BNG mantén a alcaldía grazas ao apoio do PSOE, unha situación que, ao seu xuízo, condiciona a acción de goberno.

Durante o acto, Verea acusou o executivo municipal de priorizar cuestións simbólicas fronte á xestión dos servizos públicos e asegurou que, nos últimos anos, se incrementou o número de asesores e cargos directivos no Concello. Neste sentido, afirmou que Santiago se converteu nunha “axencia de colocación” e cifrou en dous millóns de euros anuais o custo destes postos, segundo os seus datos.

O líder popular tamén se referiu ao proxecto de orzamentos municipais para 2026, asegurando que a principal medida recadatoria pasa por incrementar de maneira significativa os ingresos procedentes das multas de tráfico. Ademais, criticou a situación da limpeza urbana, o estado das rúas e beirarrúas e a política municipal en materia de seguridade cidadá.

Verea concluíu a súa intervención sinalando que o vindeiro ano será “complicado”, pero tamén “clave” para o futuro político da cidade, e chamou á militancia a intensificar o traballo co obxectivo de mellorar os resultados electorais do PP en Santiago.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O PSdeG reclama definir o destino dos ingresos da taxa turística no orzamento municipal de 2026

O Grupo Municipal Socialista en Santiago trasladará ao pleno deste mes de abril a...

O Goberno local atribúe a problemas técnicos o atraso nas bolsas de comedor

O Goberno local de Santiago respondeu ás críticas formuladas polo Partido Popular sobre o...

O PP denuncia cinco meses de atrasos nos pagamentos das bolsas de comedor e actividades en Santiago

O concelleiro do Partido Popular en Santiago, Borja Rubio, denunciou este martes en rolda...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here