InicioSUCESOSGran desprendemento de terras en Fontiñas polas fortes chuvias

Gran desprendemento de terras en Fontiñas polas fortes chuvias

Publicado o

Xornal de Compostela

As fortes choivas deste venres provocaron un desprendemento de terras no barrio compostelán de Fontiñas, que obrigou a mobilizar a efectivos de Bombeiros e Policía Local, así como a unha Brigada de Obras do Concello. Fontes policiais informan de que o incidente, ocorrido ás 13.00 horas, unicamente obrigou a acordoar a zona e non tivo consecuencias maiores en relación a danos persoais ou materiais.

Así mesmo, unha Brigada de Obras do Concello desprazouse até o lugar do desprendemento para efectuar os labores de retirada de material e liberar a zona, segundo indican fontes municipais. O concelleiro Xesús Domínguez, acompañado dunha técnica municipal, acudiu tamén ao lugar para comprobar os traballos.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...