InicioSOCIEDADEAntonio López xustifica o cesamento de Maite Flores na CIUG para garantir...

Antonio López xustifica o cesamento de Maite Flores na CIUG para garantir a “igualdade” nas eleccións á USC

O reitor da Universidade de Santiago asegura que a medida busca a máxima transparencia e desmente que a candidata se decatase da noticia por correo electrónico, mentres a Comisión Electoral advirte a Flores por facer precampaña

Publicado o

Xornal de Compostela

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, xustificou este mércores o cesamento de Maite Flores, candidata a reitora da USC, das súas funcións na Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG). Segundo López, esta decisión tomouse por ser “a mellor solución para garantir a máxima igualdade” entre todas as persoas que aspiran a ocupar a rectoría da institución académica.

Ata este luns, Flores exercía como delegada do actual reitor na CIUG. Tras coñecerse a noticia, a candidata amosou a súa sorpresa e vinculou directamente o seu cesamento co paso dado para presentarse ás eleccións. Pola súa banda, o reitor lembrou que outras candidatas que ocupaban postos de responsabilidade na universidade xa optaron por renunciar, como é o caso da ata agora vicerreitora de Titulacións, María José López Couso, e defendeu que no caso de Flores se aplicou “unha medida similar para garantir que haxa igualdade entre todo o mundo e a máxima transparencia“.

Neste contexto, Antonio López insistiu en que mantivo dúas conversas sobre este asunto coa propia candidata —unha o pasado venres e outra este luns— e desmentiu que Flores fose informada do seu cesamento a través dun correo electrónico, tal e como ela sostivo publicamente.

O actual reitor tamén aproveitou para lembrar que a Comisión Electoral Central (CEC) da USC enviou este martes unha advertencia formal a Maite Flores por “incumprir” as normas do proceso electoral. Segundo recolle a resolución da CEC, a candidata “aproveitou” unha canle de comunicación institucional para facer precampaña, unha práctica que vulnera a normativa fixada para os comicios universitarios.

ÚLTIMAS

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

O arcebispo de Santiago chama a recoñecer a dignidade de toda persoa na Ofrenda ao Apóstolo

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, fixo un chamamento este 25 de xullo...

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Os Tédax destrúen en Santiago un proxectil que podería proceder da Guerra Civil

Especialistas do grupo de técnicos especialistas en desactivación de artefactos explosivos, os Tédax da...