InicioSANTIAGOA Policía Local de Santiago incorpora unha inspectora principal e reforza o...

A Policía Local de Santiago incorpora unha inspectora principal e reforza o cadro de mando con catro novos inspectores

Diana Parente Pampín convértese na única muller con esta categoría en Galicia tras superar o proceso de promoción interna

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Local de Santiago conta desde este martes cunha nova inspectora principal, a única muller que ocupa este posto en toda Galicia. Trátase de Diana Parente Pampín, quen suma un novo fito á súa traxectoria profesional dentro do corpo municipal de seguridade, despois de ter sido a primeira muller oficial en 2013 e a primeira inspectora en 2019.

A alcaldesa de Goretti Sanmartín e o concelleiro de Convivencia, Xan Duro, recibiron hoxe no Concello á nova inspectora principal e aos catro inspectores que veñen de ser nomeados na Xunta de Goberno celebrada onte. Durante o encontro, os responsables municipais trasladáronlles os seus mellores desexos nesta nova etapa profesional e agradeceron a súa traxectoria no servizo público.

Ademais do nomeamento de Parente Pampín, a Xunta de Goberno acordou a incorporación de catro novos inspectores: Sergio Mariño Ruza, José Noya Vázquez, José Luis Castro Eitor e Antonio Malvido Lojo. Todos eles superaron o proceso selectivo de acceso por promoción interna e mobilidade á categoría de inspector nos corpos da Policía Local de Galicia, convocado de maneira unitaria pola Academia Galega de Seguridade Pública.

No caso da nova inspectora principal, o acceso produciuse tamén por promoción interna dentro da escala executiva dos corpos da Policía Local de Galicia. Para esta categoría ofertáranse dúas prazas, e Parente Pampín converteuse na única muller inspectora principal en activo en Galicia e na primeira que accede a este nivel profesional procedente da escala básica, ao abeiro do establecido na Lei 4/2007 de coordinación das Policías Locais de Galicia.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here