InicioPOLÍTICAAs concelleiras non adscritas piden máis xestión e critican a apertura do...

As concelleiras non adscritas piden máis xestión e critican a apertura do despacho da Alcaldía

Mercedes Rosón cuestiona o anuncio de Goretti Sanmartín e reclama avances en vivenda, contratos municipais e diálogo continuado coa cidadanía

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira non adscrita Mercedes Rosón expresou este venres críticas ao anuncio da alcaldesa Goretti Sanmartín de abrir o despacho da Alcaldía dúas veces ao mes para atender á cidadanía. Segundo Rosón, a medida chega “a pouco máis dun ano das eleccións municipais” e interpreta o xesto como o inicio dunha “precampaña longa”, fronte á necesidade, ao seu xuízo, de priorizar a xestión diaria.

As non adscritas sinalan que o anuncio se produce tras “case tres anos de queixas constantes” por parte de asociacións veciñais, representantes de sectores económicos e do tecido cultural e turístico da cidade. Neste contexto, Rosón sostén que gobernar implica escoitar á cidadanía “sempre” e non só nun período próximo aos comicios.

Na súa valoración, a concelleira reclama ao executivo que centre os esforzos en retos inmediatos. Entre eles, cita a declaración de mercado residencial tensionado para conter o prezo do alugueiro, a posta en funcionamento da nova empresa pública de vivenda e solo, o reforzo do control das concesionarias de limpeza e mantemento, o desbloqueo do contrato da auga para estender o saneamento e o abastecemento a todo o termo municipal, así como o inicio dos trámites para a Casa dos Maiores no Ensanche e o polideportivo de Santa Marta.

A crítica das non adscritas tamén incide na ausencia de diálogo previo nalgúns procesos recentes, como a taxa turística ou a modificación do tributo do lixo. Segundo Rosón, neses casos “non se escoitou” nin aos sectores afectados nin á veciñanza, algo que, afirma, se reflicte no volume de alegacións presentadas.

Do mesmo xeito, lembran que esta fórmula de apertura do despacho non se aplicou durante a elaboración dos orzamentos de 2024 e 2025 nin nos do presente exercicio, dos que indican que aínda non existe un borrador completo. Ademais, as concelleiras aluden á falta de diálogo con persoal de servizos municipais, como os centros socioculturais —que denuncian impagos reiterados— e as instalacións deportivas xestionadas por XADE ante o remate da concesión.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here