InicioMOV. SOCIAISOs sindicatos convocan unha manifestación en Santiago para reclamar avances no convenio...

Os sindicatos convocan unha manifestación en Santiago para reclamar avances no convenio do transporte de viaxeiros

CC.OO., UXT e CIG chaman á mobilización este venres cun percorrido entre a estación intermodal e o Parlamento de Galicia e anuncian novas xornadas de paro en xaneiro

Publicado o

Xornal de Compostela

Os sindicatos Comisións Obreiras, UXT e CIG convocaron unha manifestación este venres en Santiago de Compostela para esixir avances na negociación do convenio colectivo do sector do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña. A mobilización partirá ás 11:00 da Estación Intermodal de Santiago de Compostela e finalizará diante do Parlamento de Galicia.

Segundo trasladou CC.OO. nun comunicado, a protesta enmárcase nun novo ciclo de presión sindical tras os paros realizados no mes de decembro. En asemblea, as organizacións acordaron novas xornadas de paro para os días 12, 13, 16, 19, 20 e 23 de xaneiro, co obxectivo de desbloquear unha negociación que consideran estancada.

Os sindicatos advirten de que, de non producirse cambios na posición empresarial, o conflito podería intensificarse. “Se a patronal persiste no seu inmobilismo, a partir do 2 de febreiro os traballadores irán á folga indefinida”, sinala CC.OO., que cualifica a situación actual como un punto de inflexión tras varios meses sen avances.

Entre os motivos das mobilizacións, a central sindical apunta ao “secuestro” do convenio colectivo, que, segundo explica, leva catro anos paralizado e atópase “desfasado” respecto ás condicións actuais do sector. CC.OO. critica que a única proposta relevante presentada pola patronal sexa unha subida salarial do 1,2%, sen avances en materia de xornada laboral, un incremento que cualifica de “miserable” por considerar que “insulta” ao persoal.

As organizacións convocantes reclaman unha subida salarial “digna”, a reducción da xornada, así como a actualización e modernización dos permisos retribuídos e dos días de asuntos propios, entre outras demandas. A mobilización deste venres pretende visibilizar o conflito no centro político galego e reforzar a presión para reactivar unha negociación que afecta a milleiros de traballadores e traballadoras do transporte de viaxeiros na provincia da Coruña.

ÚLTIMAS

Santiago gardará un minuto de silencio no Obradoiro polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

O Concello de Santiago de Compostela convocou para este mércores, 28 de outubro, ás...

As vítimas de Angrois vinculan o sinistro de Toledo coa falta dunha investigación independente do accidente de 2013

O portavoz da Plataforma Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, considera que a falta dunha...

O Concello destinará 1,2 millóns de euros á rehabilitación do Palacete do Espiño para usos públicos

O Concello de Santiago de Compostela investirá preto de 1,2 millóns de euros na...

Santiago acollerá por primeira vez a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas o 22 de novembro

Santiago de Compostela incorporarase este ano á Carreira das Cidades contra o Cancro de...

A CIG concéntrase en Santiago contra o “acoso laboral” en Monbus e reclama a readmisión de seis traballadores

A Confederación Intersindical Galega (CIG) mobilizouse este martes, 27 de outubro, diante da estación...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Centos de persoas protestan en Santiago contra a participación de médicos israelís nun congreso internacional

Máis de 200 persoas concentráronse este xoves en Santiago de Compostela para rexeitar a...