InicioCULTURAA Sala Isaac Díaz Pardo presenta a publicación do XIV Premio Auditorio...

A Sala Isaac Díaz Pardo presenta a publicación do XIV Premio Auditorio de Galicia para Artistas Noveis

O acto, que terá lugar este xoves 8 ás 19:00, inclúe unha conversa coas persoas creadoras participantes e unha visita guiada á exposición, aberta ata o 2 de marzo no Auditorio de Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

A Sala de Exposicións Isaac Díaz Pardo acollerá este xoves, día 8, ás 19:00 horas, o acto de presentación da publicación correspondente ao Décimo Cuarto Premio Auditorio de Galicia para Artistas Noveis, un certame de carácter bienal que reúne propostas de creadoras e creadores emerxentes de toda Galicia. A sesión desenvolverase en formato de conversa aberta, coa participación dunha parte das e dos artistas seleccionados nesta edición.

Durante o encontro abordaranse os procesos de traballo, as liñas de investigación e os eixos temáticos que atravesan as obras incluídas tanto na exposición como na publicación recentemente editada. O proxecto reúne 31 propostas finalistas, escollidas entre 98 candidaturas presentadas ao certame, ofrecendo unha visión plural das prácticas artísticas contemporáneas no ámbito galego.

Ao remate da conversa, o público poderá participar nunha visita guiada á exposición, actualmente aberta na Sala Isaac Díaz Pardo, que recolle as obras seleccionadas nesta edición do premio. A mostra propón unha panorámica ampla e diversa das linguaxes e enfoques que caracterizan a creación artística desenvolvida por novas xeracións no país.

A publicación que se presenta funciona como extensión e memoria da exposición, incorporando reproducións das obras, textos críticos e reflexións arredor dos procesos creativos. O volume subliña tamén o compromiso do Premio Auditorio de Galicia para Artistas Noveis co apoio á creación contemporánea, coa igualdade na representación e coa construción dun arquivo vivo da arte actual en Galicia.

Dirixido a artistas de traxectoria non consolidada e circunscrito ao ámbito autonómico, o premio ten como finalidade fomentar os valores culturais, apoiar as carreiras emerxentes e contribuír á difusión da creación artística galega, reforzando o papel do Auditorio de Galicia como espazo de referencia para a produción e exhibición das artes visuais contemporáneas.

A asistencia ao acto é libre, sen necesidade de reserva previa. A exposición poderá visitarse ata o 2 de marzo, de luns a domingo, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, con peche ás 19:00 nos días nos que o Auditorio acolla outros espectáculos. Ademais, existe un programa de visitas guiadas para público xeral e centros de ensino, de balde e con reserva previa a través da web compostelacultura.gal.I

ÚLTIMAS

O Son do Camiño esgota as entradas do venres e pon rumbo ao seu pleno absoluto

O Son do Camiño volve camiño do cheo absoluto. A organización do festival confirmou...

Un percorrido polo simbolismo das estatuas do Mestre Mateo

Dúas estatuas repousan hoxe, senlleiras, no Museo do Pobo Galego. Abraham e Isaac —ou...

O persoal de Viaqua mobilízase en catro concellos galegos ante o “bloqueo” do convenio

O conflito laboral esténdese polos servizos de xestión de auga en Galicia. O cadro...

PP e PSOE alertan da caída dos indicadores turísticos de Santiago

Os grupos do PP e do PSOE coincidiron este mércores en advertir da evolución...

O Son do Camiño esgota as entradas do venres e pon rumbo ao seu pleno absoluto

O Son do Camiño volve camiño do cheo absoluto. A organización do festival confirmou...

Un percorrido polo simbolismo das estatuas do Mestre Mateo

Dúas estatuas repousan hoxe, senlleiras, no Museo do Pobo Galego. Abraham e Isaac —ou...

A biblioteca Anxel Casal acolle unha mostra sobre as últimas décadas do cómic checo

O conselleiro de Cultura, José López Campos, destacou este martes a aposta que está...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here