InicioMOV. SOCIAISMaría Galindo achega a Santiago unha primeira aproximación á despatriarcalización

María Galindo achega a Santiago unha primeira aproximación á despatriarcalización

A activista boliviana participará nun encontro aberto no Museo do Pobo Galego o 8 de xaneiro, no marco do proxecto O Globo impulsado por Solidariedade Internacional de Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

Comezando o ano con reflexión e debate, Compostela acollerá un encontro aberto co pensamento feminista contemporáneo da man de María Galindo, activista boliviana e cofundadora do colectivo Mujeres Creando. A cita terá lugar o 8 de xaneiro de 2026, no Museo do Pobo Galego, entre as 11:30 e as 14:00, e enmárcase no proxecto O Globo, promovido por Solidariedade Internacional de Galicia.

Durante a sesión, Galindo ofrecerá unha primeira aproximación á súa proposta de despatriarcalización, abrindo un espazo de diálogo colectivo arredor das relacións entre colonialismo, patriarcado e transformación social. O encontro está concibido como unha actividade participativa, orientada a compartir marcos de análise e ferramentas críticas co público asistente.

María Galindo é activista, psicóloga e comunicadora, cunha traxectoria ligada ao feminismo radical e á intervención política no espazo público. Desde a creación de Mujeres Creando en 1992, o colectivo desenvolveu accións performativas e de protesta que acadaron proxección internacional. No eido teórico, Galindo abordou cuestións como a crítica aos límites do Estado, a despatriarcalización no proceso constituínte boliviano e a denuncia do feminicidio como crime de Estado.

Alén do activismo, conta cunha ampla produción escrita e artística. O seu libro Feminismo bastardo consolidouse como unha referencia no debate feminista contemporáneo e foi publicado en numerosos países. A súa obra estivo presente en institucións culturais de primeiro nivel, entre elas o Museo Reina Sofía, a Documenta de Kassel ou o Centro Pompidou, así como nas bienais de São Paulo e Venecia. Na actualidade, codirixe Radio Deseo, unha emisora con ampla implantación social en La Paz e El Alto.

A participación é libre e gratuíta, con inscrición previa a través do seguinte formulario:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeQBp625XhQe_2mn4Bv_4sB2dbrqjq73Y4amrwTFo5IVh3bLg/viewform

ÚLTIMAS

A Xunta reunirase co arquitecto das gárgolas do Hostal para revisar a solución aplicada

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia manterá ao longo desta semana unha...

Un operario resulta ferido tras caer dunha estada en Vista Alegre e é trasladado ao hospital

Un operario resultou ferido este martes pola mañá tras sufrir unha caída dende unha...

O aeroporto de Santiago cesa a súa actividade ata finais de maio e cede voos ao da Coruña

Aena pechará desde este xoves, día 23 de abril, e até o 27 de...

O estudantado da USC convoca folga o 28 de abril para reclamar melloras no ensino público

O movemento estudantil da Universidade de Santiago de Compostela anunciou a convocatoria dunha folga...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here