InicioCULTURAUnto Vello presenta en Santiago o seu primeiro disco cun concerto colectivo...

Unto Vello presenta en Santiago o seu primeiro disco cun concerto colectivo na Sala Capitol

O dúo estreará en directo 'Inmaterial' o 22 de marzo cunha actuación concibida como encontro arredor da música tradicional galega

Publicado o

Xornal de Compostela

O proxecto musical Unto Vello estreará en directo o seu primeiro traballo discográfico, Inmaterial, o vindeiro domingo 22 de marzo, ás 20:00, na Sala Capitol. O concerto está formulado como un acto colectivo no que os cantares recollidos por diferentes puntos do país se transformarán, durante unha noite, nun espazo compartido de encontro, memoria e celebración arredor da música tradicional galega.

Segundo avanzou o dúo, a presentación contará coa participación de diversas colaboradoras, cuxos nomes se darán a coñecer proximamente. A proposta busca recuperar o espírito das xuntanzas de toda a vida, convertendo o patrimonio inmaterial nunha experiencia material e viva a través do directo.

A gravación e edición do disco contou coa produción de Hevi, de Laboratorio Soyuz. Inmaterial recompila os cantares recollidos polo propio grupo ao longo do seu primeiro ano de traxectoria, froito dun traballo continuado de investigación, documentación e reinterpretación da música tradicional galega.

As entradas para a estrea xa están á venda a través da web da Sala Capitol, cun prezo xeral de 12 euros máis gastos de xestión.

Unto Vello constrúe o seu repertorio a partir das recollidas de música tradicional realizadas polos seus integrantes, Bieito Pereira e Xabi Gómez, ás que incorporan arranxos propios con instrumentación tradicional e voz. No seu primeiro ano de actividade, o dúo xa pasou por escenarios e encontros como a Foliada da Fonsagrada ou o Ponte Farruca, e foi finalista nos Premios Martín Códax da Música na categoría de Música Tradicional.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

O Museo do Pobo Galego acolle este sábado a clausura da exposición ‘MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II’ cunha xornada especial

O Museo do Pobo Galego celebrará este sábado, 25 de abril, unha xornada especial...

O Centro Dramático Galego esgota as entradas de ‘Hamlet’ ata o final da súa programación

O Centro Dramático Galego completou o aforo para todas as funcións restantes de 'Hamlet'...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here