InicioCULTURAMulticines Compostela proxectará o Concerto de Noitevella da Filarmónica de Berlín

Multicines Compostela proxectará o Concerto de Noitevella da Filarmónica de Berlín

A sesión celebrarase o mércores 31 de decembro ás 17:30

Publicado o

Xornal de Compostela

Santiago de Compostela acollerá o mércores 31 de decembro, ás 17:30, a proxección do tradicional Concerto de Noitevella da Filarmónica de Berlín, unha cita que poderá seguirse en directo desde a capital alemá a través da gran pantalla. Na cidade, a sesión terá lugar en Cinemas Compostela, sumándose así á retransmisión simultánea noutras localidades galegas.

A proposta permite ao público compostelán despedir o ano cun dos concertos máis recoñecidos do calendario musical internacional, nun formato pensado para o ámbito cinematográfico. Segundo indica a organización, o programa ofrece unha selección “festiva, vibrante e chea de contrastes”, cun deseño “pensado para emocionar tanto aos oíntes expertos como a quen se achegan por primeira vez” ao repertorio sinfónico.

O concerto estará dirixido polo titular da formación berlinesa, Kirill Petrenko, e contará cunha duración aproximada de 120 minutos. A batuta do director ruso marcará un percorrido musical que combina “romanticismo, lirismo e modernidade”, segundo avanzan os organizadores.

O programa inclúe obras de compositores como Chaikovski, Gounod, Bizet, Massenet, Chabrier e culminará cunha peza de Gershwin, configurando unha proposta diversa que transita por distintos estilos e épocas da música clásica europea e americana.

A cita contará tamén coa participación do tenor francés Benjamin Bernheim, unha das voces máis recoñecidas do panorama lírico actual, descrito pola organización pola súa “elegancia vocal, expresividade e presenza escénica”. A súa intervención engade un compoñente vocal a un concerto concibido como celebración musical de fin de ano.

ÚLTIMAS

Santiago e A Coruña crean un grupo de traballo para coordinar as súas políticas nas zonas de mercado tensionado

As alcaldesas de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e da Coruña, Inés Rey, acordaron...

Santiago mantén a vixilancia sobre o vertido de Tordoia malia o freo do seu avance

O vertido de purín provocado pola rotura dunha balsa nunha explotación gandeira de Tordoia...

A Policía propón para sanción o dono dun local de Santiago por permitir o consumo de drogas no interior

O propietario dun establecemento de Santiago de Compostela foi proposto para sanción por permitir...

Usuarios de Monbus denuncian falta de prazas no autobús das 06:45 entre Santiago e A Coruña

A Plataforma de Afectados 645 denunciou os problemas de capacidade que, segundo asegura, se...

Xalundes e LG1DO protagonizarán unha xornada musical das Xornadas de Benvida da USC

A Universidade de Santiago de Compostela incorporará unha xornada dedicada á música galega á...

Un mural no Castiñeiriño visibiliza a realidade das persoas con dano cerebral adquirido

A rúa do Castiñeiriño conta estes días cun novo mural destinado a dar visibilidade...

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...