InicioMOV. SOCIAISAsociacións solidarias convocan en Santiago unha acción simbólica en lembranza das vítimas...

Asociacións solidarias convocan en Santiago unha acción simbólica en lembranza das vítimas palestinas

O acto terá lugar este domingo ás 20:00 na Praza do Obradoiro e convida á cidadanía a participar cunha homenaxe silenciosa con velas

Publicado o

Xornal de Compostela

As asociacións Compostela por Palestina e Galiza por Palestina, xunto con outros colectivos da cidade, convocaron para este domingo unha acción simbólica ás 20:00 na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela. A iniciativa busca lembrar a coñecida como “matanza dos inocentes”, tradicionalmente asociada ao 28 de decembro, e poñer o foco na situación da poboación palestina.

Segundo explican as entidades convocantes, o acto pretende visibilizar as “dramáticas condicións” nas que vive a poboación palestina e render homenaxe ás vítimas. Para iso, convidan á cidadanía a acudir ao Obradoiro portando velas, nun xesto de carácter simbólico e colectivo. A mobilización quere expresar, unha vez máis, o rexeitamento á “ocupación de Palestina e ao xenocidio que sofre o seu pobo”.

Nun comunicado difundido polos organizadores, afírmase que “o ano 2025 foi outro ano devastador para os nenos e nenas palestinas”, que continuaron sendo vítimas de “xenocidio, fame, tortura, desprazamento masivo, desaparición forzada e violencia implacable”. O texto sinala directamente ás forzas de ocupación e aos colonos israelís como responsables desta situación.

A convocatoria inclúe tamén unha chamada de atención sobre a situación legal dos menores palestinos, que, segundo denuncian, seguen sendo obxecto de “detencións arbitrarias e tortura, moitas veces sen xuízo nin cargos”. Neste sentido, as asociacións instan á comunidade internacional a esixir o fin da “impunidade” e a reclamar que se “rendan contas” polos “crimes cometidos por Israel contra a poboación civil palestina”.

As entidades convocantes recollen que, ao longo de 2025, 54 nenos e nenas palestinas foron asasinadas en Cisxordania, nun contexto de “intensificación da represión”. Ademais, denuncian que en Gaza a “fame como arma de guerra” alcanzou niveis “sen precedentes”, nun escenario que describen como de “asedio total” á poboación civil.

ÚLTIMAS

Santiago gardará un minuto de silencio no Obradoiro polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

O Concello de Santiago de Compostela convocou para este mércores, 28 de outubro, ás...

As vítimas de Angrois vinculan o sinistro de Toledo coa falta dunha investigación independente do accidente de 2013

O portavoz da Plataforma Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, considera que a falta dunha...

O Premio Literario San Clemente recoñece as novelas de Nerea Pallares, Andrés Neuman e Hugo Gonçalves na súa XXX edición

O Premio Literario San Clemente, organizado baixo a coordinación do IES Rosalía de Castro...

O Pleno de Ames debaterá este xoves modificacións orzamentarias por máis de 1,75 millóns de euros

O Concello de Ames celebrará este xoves o pleno ordinario correspondente ao mes de...

A CIG concéntrase en Santiago contra o “acoso laboral” en Monbus e reclama a readmisión de seis traballadores

A Confederación Intersindical Galega (CIG) mobilizouse este martes, 27 de outubro, diante da estación...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Centos de persoas protestan en Santiago contra a participación de médicos israelís nun congreso internacional

Máis de 200 persoas concentráronse este xoves en Santiago de Compostela para rexeitar a...